10 04 01 Cabeza Lijar - Cueva Valiente (Peguerinos) Ávila (El Espinar) Segovia

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Peguerinos (Ávila) El Espinar (Segovia

PUNTO DE PARTIDA: Puerto de Guadarrama (1.509 m) 

ACCESO: Pola N – VI. Este porto divide Segovia de Madrid                                   

HORARIO: 4/5 horas                   DESNIVEL: 600 m                          DISTANCIA: 14 km            

DIFICULTADE: Media                 TIPO DE RUTA: Travesía

 MAPAS: I.G.N. – 507 – IV – 508 III

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina no aparcamento do restaurante do porto de Guadarrama ou de Los Leones (1.511 m) onde collemos unha pista que nos indica a Peguerinos, en mal estado de firme. Camiñamos xunto a unhas instalacións militares e unha vez superadas tras pasar uns arames, atopámonos coa primeira marca do GR – 10, no talo dun pino situado á nosa dereita. Abandonamos a pista seguindo as indicacións das marcas que en lixeira subida nos levan cara ao Cerro Piñonero (1.649 m) onde temos as primeiras vistas impresionantes que esta ruta nos vai amosar.

            Baixamos seguindo as marcas ata o Collado Lagasca (1.601 m), pasando ao lado da pista de Peguerinos que deixamos de novo indo á nosa dereita traspasando unha tapia e polo seu lado esquerdo chegaremos ao cume de Cabeza Lijar (1.823 m).

            A vista é realmente gratificante, se non hai néboa que é bastante habitual, estamos na intersección das provincias de Ávila, Madrid e Segovia, podendo observar a práctica totalidade do cordal da serra de Guadarrama (Alto de Los Leones, La Mujer Muerta, La Peñota, Siete Picos, Peñalara, Guarramillas, La Maliciosa, La Pedriza, Abantos) e moi ao lonxe a serra de Gredos. Neste cume hai un miradoiro e un pequeno refuxio na parte inferior.

            Tras descansar e gozar das vistas, collemos un costo e destragado sendeiro, que baixa directamente pola desarborada ladeira xunto a unha cerca de arames ferruxentos ata o Collado de la Cierva (1.709 m).

            Neste cimbro temos dúas opcións:

      1ª Collemos a pista asfaltada, que seguimos en cómoda baixada pola umbra do Alto de La Salamanca, para chegar ao Collado Hornillo (1.637 m). Neste cimbro únese a corda principal da serra de Guadarrama coa serra de Malagón, converténdose nun paso natural na que conflúen a Cañada Real Leonesa, o GR – 88, o GR – 10 e a pista de Peguerinos. No caso de presa ou mal tempo, podemos coller o GR – 88 que nos baixa directamente a San Rafael.

        Dende o Collado de la Cierva podemos seguir un sendeiro, á esquerda, que sobe ao Cerro de la Salamanca, dende o cal temos unhas vistas impresionantes dos Pinares de la Jarosa e o val de Cuelgamuros, máis coñecido como o Valle de los Caídos, logo o sendeiro lévanos ao Collado Hornillo en pouco tempo.

      No Collado Hornillo, collemos o camiño que sobe a Cueva Valiente, tendo que subir primeiro ao outeiro Peñas Blancas (1.863 m), existindo a posibilidade de rodealo polo oeste, detrás do cal baixamos ao cimbro onde a pista asfaltada alí existente nos conduce sen perda ao cume de Cueva Valiente (1.903 m). O nome deste cume débese a unha pequena cova que se atopa na ladeira norte. Se baixamos uns metros podemos atopar a mítica cova, refuxio de bandoleiros que cabalgaban por este lugares.

      A ausencia de vexetación permite contemplar unha das mellores vistas de toda a serra de Guadarrama. Sen embargo, a causa desta falta de árbores débese a desforestación realizada durante a Guerra Civil co obxecto de despexar o monte para facer trincheiras e búnkeres.

      Unha vez no cume, baixamos pola pista asfaltada que nos leva rapidamente ao Alto de la Gargantilla (1.648 m), aínda que tamén podemos baixar directamente polas caboucas feitas pola chuvia. A partir deste punto, onde nos adentramos no piñeiral, seguimos baixando cara ao norte, por un sendeiro que descorre paralela ao regato da Gargantilla, neste tramo podemos atopar, se nos fixamos, algún exemplar illado de acivro e teixo.

      Seguindo este camiño chegamos de novo a pista forestal de El Espinar. Agora solo nos queda camiñar os escasos quilómetros que hai ata a fonte da Virxe das Neves (1.340 m), e seguir ata San Rafael.