PORQUE FEDERARSE
Estar federado ou federada dache derito a:
- Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
- Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
- Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
- Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
- Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
- Comunicacións periódicas
- Calendario de actividades
- Participar en actividades divulgativas
- Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
- Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es
DATOS IMPORTANTES
Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.
Pasos a seguir no caso de accidente deportivo e centros concertados:
GUIA-URGENCIAS-FEDERACIONES-DEPORTIVAS
NO CASO DE…
ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE
Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.
ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE
Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.
Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.
Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.
TRAMITACIÓN DA LICENZA
A tramitacion da licenza en Galicia realízase sempre a través de clubs federados de montañismo.
A Federacion emite a licenza e envía a mesma ao club solicitante que será quen entregue a licenza ao deportista.
Ver CLUBES FEDERADOS NA FGM
PROTECCIÓN DE DATOS:
A afiliación á FGM e a FEDME implica formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de Datos, polo tanto: “De conformidade coa normativa de Protección de Datos Persoais informámoslle que vostede autoriza a comunicar os datos que nos facilita para ser incluídos nuns ficheiros automatizados dos cales a titularidade corresponde á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e á Federación Galega de Montañismo (FGM) coa finalidade de federarse e recibir información xeral sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas coas mesmas. Informámoslle que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación dirixida á FEDME c/Floridablanca 84, 08015 – Barcelona e á FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO r/Luís Ksado 17, of.10, 36209 – VIGO”
|
PREZO DAS LICENZAS FEDERATIVAS ANO 2019
* A INFORMACIÓN SEGUINTE NON É VINCULANTE E SÓ É SUMINISTRADA COMO PRIMEIRA REFERENCIA.
SÓ SERÁN VINCULANTES AS PÓLIZAS E CONDICIÓNS PARTICULARES ASINADAS, REXISTRADAS, VIXENTES E EN PODER DA COMPAÑÍA DE SEGUROS E DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
PARA MÁIS DATOS DEBEN DIRIXIRSE AO SEU CLUBE DE MONTAÑA FEDERADO.
En caso de viaxes ao estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e as Recomendaciones de Viaje, e tamén realizar o rexistro de cidadans viaxando ao estranxeiro.
Ver coberturas en pdf .
MODALIDADE | ÁMBITO TERRITORIAL | DISCIPLINAS ASEGURADAS | INFANTÍS (de 0 a 13 anos) *2 | XUVENÍS (de 14 a 17 anos) *2 | MAIORES (maiors de 18 anos) *2 |
A |
PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS |
Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso) |
19€ |
40€ |
67€ |
B |
ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS |
Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nórdica, Splitboard e Vías Ferratas |
20€ |
44€ |
71€ |
C |
B MÁIS EUROPA |
Ídem as da B |
28€ |
61€ |
114€ |
D |
MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) |
Ídem as da C |
44€ |
91€ |
165€ |
E |
MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) |
Ídem as da D |
x |
x |
548€ |
OT |
IDEM Á "B" (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) *1 |
Ídem as da B |
x |
34€ |
50€ |
AU |
GALICIA |
Ídem as da B só en Galicia |
16€ |
34€ |
49€ |
TODAS AS LICENZAS ADMITEN SUPLEMENTOS:
BTT (+25’50€), ESQUÍ ALPINO (+34’80€), ESQUÍ DE FONDO NÓRDICO (+7€) E SNOWBOARD (+49€).
(*1) As licencias OT son Licencias tipo B só para os meses de outubro, novembro e decembro para persoas que fedéranse por primeira vez.
(*2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2018. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2018. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2018.