10 09 05 Peña Forca (Valle de Hecho) Huesca
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
Peña Forca – Chipeta Alto
SITUACIÓN: Os dous cumes están situados en Ansó (Huesca)
PUNTO DE PARTIDA: Puente de Oza (1.123 m)
ACCESO: Pola estrada HU – V – 2132 que sobe de Hecho a Selva de Oza atravesando o barranco de La Boca del Infierno que separa o macizo, da serra de Alano.
HORARIO: 8/9 h DESNIVEL: Subidas 2.100 m e o mesmo de baixadas
DIFICULTADE: Alta, debido aos fortes desniveis tanto de subida como de baixada.
TIPO DE RUTA: Circular MAPAS: I.G.N. – 118 – III – 144 – I
SINOPSE: Peña Forca é o cume máis altivo da serra de Alano, a cabalo entre os vales de Ansó e Hecho. Impoñente macizo con magníficas vistas en todas direccións sendo as paredes da cara norte unhas inmensas murallas.
O Chipeta Alto ten unha rechamante proa rochosa, vista dende o fondo do val e ofrécenos unha boa panorámica sobre Zuriza, Oza e Guarrinza.
DESCRICIÓN DA RUTA: O punto de partida situámolo no cámping da Selva de Oza (1.140 m) dende onde remontamos pola marxe esquerda o barranco de Estriviella, entre bosque, ata acadar unha gran chaira (1.610 m).
Agora, libre de vexetación, abandonamos o camiño principal que vai ao Collado de Estriviella (2.000 m) para dirixirnos ao Suroeste por sendeiro pouco claro, superamos unha primeira muralla rochosa, accedendo así a un circo dende o que xa podemos ver a pedregueira canle que da paso ao Collado de Lenito (2.205 m), paso entre este cume e Peña Forca.
Unha vez neste cimbro, subiremos pola dereita pasando primeiramente polo Achar de Forca (2.390 m) antes de acadar o vertixe xeodésico do cume de Peña Forca (2.390 m).
Desandamos agora o camiño ata o sendeiro (1.610 m) que vai ao Collado de Estriviella (2.000 m) o cal collemos.
Dende o cimbro dirixímonos ao pico de Estriviella (2.046 m) seguindo o sendeiro en dirección norte. Baixamos ao Paso Mazandú (1.926 m) para camiñar cara a seguinte cota do pico Tortiella (1.988 m), baixando agora pola cara norte en dirección ao paso Tortiella. Seguimos, agora en dirección nordeste facendo pequenas subidas e baixadas, pasando pola esquerda do pico Sayéstico (2.082 m) que opcionalmente podemos subir, aínda que, a nosa segunda meta máis importante do día sitúase no Chipeta Alto (2.175 m).
Dende o cume de Chipeta Alto baixamos en dirección noroeste para chegar ao Collado de Petraficha (1.965 m) onde abordamos o sendeiro G.R. – 11 en dirección leste que nos leva a ponte do barranco de Acherito. No camiño pasamos xunto aos restos de dolmens como o de Petraficha, Ferrerías ou do Arroyo.
Seguimos agora a pista da Selva de Oza uns tres quilómetros ata o comezo da andaina na ponte de Oza. Logo de meter entre o peito e o lombo esta camiñada ninguén dubidará do merecemento dunha cervexa.