10 09 26 Mirador de Ordiales (C. de Onís) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

PUNTO DE PARTIDA: Collado Les Veleres(1.070 m.)

ACCESO: Na estrada N-634 en Arriondas collemos a AS-114 que vai a Panes para logo de pasar Cangas de Onís desviarnos pola AS-262 que nos leva a Covadonga e aos lagos de Enol

HORARIO: 6-7 h.              DIFICULTADE: Media.           TIPO DE ROTA: Ida e volta

DESNIVEL: 620 m.                        DISTANCIA: 16 km.                MAPAS: I.G.N. – 55 – II – IV 

SINOPSE: O Mirador de Ordiales ofrece unha das máis fermosas panorámicas do Macizo del Cornión. Tamén debemos prestar atención aos distintos paisaxes que xurden durante o itinerario: veigas lacustres, pradeiras, rochedos e pedregais móbiles. Tampouco estaría demais achegarnos ao Mirador del Rey dende a paraxe de Pan de Carmenpara ter unha  vista panorámica do Bosque de Pome.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A subida ata o Mirador de Ordiales comeza nun pequeno lombo coñecido como Les Veleres (1.070 m) preto do lago Enol, atravesado pola estrada de alta montaña que sobe dende Covadonga. Pola dereita parte unha pista ancha e cómoda que de seguida baixa suavemente bordeando a beira setentrional deste maxestoso lago, entre beiras rochosas poboadas con faias e fermosas cabanas dispersas.

            Esta baixada permite chegar a un extenso campo de prados verdes coñecido como Vega de Enol. O modesto macizo de La Porra de Enol pode verse á dereita e o cumio do Pico Bricial sae pola esquerda, servindo como divisoria co lago Ercina.

            A veiga esténdese como unha manta verde con algunhas árbores e algunhas cabanas de pastores. A pista non  ten perda. Primeiro cruza suaves outeiros con fermosas pradeiras polo seu tramo central, deixando axiña cara a esquerda unha capela e pola dereita  o camiño que vai á  Casa Municipal de Pastores. Máis tarde, o camiño cruza a cabeceira do río Beyera pasando as pradeiras da Cueva. Logo intérnase un quilómetro máis ata o lugar coñecido como Pan de Carmen, onde un desvío á dereita permítenos chegar ao Mirador del Rey. En Pan de Carmen a pista xira bruscamente ao Sur adentrándose polas pradeiras que rodean a chamada Vega del Huerto (onde atoparemos unha cerrume) chegando de seguida a canle do río Pomperi (Sitio fermoso con unha fonte e árbores). O camiño segue sendo aínda bastante ancho dirixíndose ata outra paraxe chamada Pozo del Alemán. Xa non queda nada para rematar coa pista, uns metros para pasar xunto a unha fonte situada na marxe esquerda e un pouco máis adiante podemos ver  as cabanas da Vega la Piedra (1.250 m), chamada así pola gran mole rochosa repousada xunto a ditas cabanas.

    Pouco antes desta campa, remata a pista atopándonos cunha encrucillada de sendeiros, deberemos proseguir por unha senda ben marcada cara á esquerda. Os primeiros pasos deste novo tramo ofrécennos algunhas dificultades, non só pola pendente acusada senón tamén polo pouco marcado do percorrido. Máis non debemos preocuparnos se seguimos cara arriba. Na metade do  val topámonos con a Veiga de Canraso e a partir deste lugar resulta máis fácil seguir a ruta pois a senda  está máis marcada.

     Podemos acceder ata case a cabeceira do  val facilmente onde está a paraxe de cabanas chamada Las Fuentes. Quedan uns metros para atravesar un pequeno regato e acadar a fonte do seu nacemento onde hai uns lameiros con cabanas, lugar coñecido como La Redondiella. Pero aínda debemos facer un último esforzo para empoleirarnos na Campa Gamonal, dende aquí mirando para atrás podemos contemplar o pequeno val que acabamos de percorrer e notar non moi lonxe o noso próximo obxectivo: o refuxio deVegarredonda (1.460 m). Sen tardar moito chegamos a este lugar onde  podemos repousar e coller auga na fonte. Uns metros máis arriba pódense  ver os  restos dun refuxio de montañeiros.

    A derradeira parte desta excursión comeza en Vegarredonda, logo de descansar e aprovisionarnos de auga (non hai máis fontes ata a volta no mesmo sitio) deberemos subir un pouco máis e atopar un cruce de sendeiros onde colleremos a senda sinalizada sobro das rochas situadas á man dereita. O camiño cruza o leito da cabeceira do río Junjumia e tórnase en subida pronunciada en zigzag pola canle Cueñe Cerrada. A subida acaba no Collau Forcáu (1.650 m), logo pasa polo chan coñecido como Los Campos de Torga e prosigue ata a campa de Serra Pelada. Tan só queda camiñar entre curvas cara a liña de cumios que define a divisoria comarcal chegando as campeiras de Ordiales, lugar remoto onde está levantado un refuxio do ICONA (1.650 m), logo, uns metros máis arriba, encontramos o desexado miradoiro situado a 1.690 m de altura.

 PICO COTALBA (2.026 m.)

            Para efectuar a ascensión ao Pico Cotalba, debemos volver cara ao  refuxio e sen chegar a el comezar a ascensión pola fácil ladeira Oeste do monte, en dirección a unha canle que baixa polo seu lado dereito. Entrar nesa canle e seguila ate o seu remate, nun jou de pequenas dimensións pero moi accidentado. Evitámolo pola esquerda para tomar pé nun outeiro rochoso que nos conduce cara a dereita a costa cimeira. Mediante unha fácil e curta trepada alcanzamos o cumio.