10 10 24 Sierra del Crespón (Sobrescobio) Asturias
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Sobrescobio (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Villamorey (400 m)
ACCESO: Dende a estrada AS -17 (Ujo – Porto de Tarna) e altura de Rioseco cóllese a desviación pola SC – 2. Villamorey está a uns 2 km
HORARIO:4/5 horas DESNIVEL: 560 m DISTANCIA: 12 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular MAPA: I.G.N. – 54 - III
SINOPSE: O Parque Natural de Redes atópase no sector centro – oriental da montaña asturiana, abarcando a parte alta do río Nalón. As masas forestais que supoñen o 40 % da superficie do parque, sendo o fail o tipo predominante do bosque.
DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta sae de Villamorey (400 m) por unha pista que vai gañando altura entre prados e castiñeiros por riba do encoro de Rioseco cara a braña de Vallimaor. Uns metros antes desta, atópase o sendeiro que leva ao pico Torrexón onde se conservan as ruínas do antigo castelo de Villamorey.
Dende Vallimaor, o camiño segue por un bosque de frondosas, polo que subimos a forte pendente ata chegar a braña de Fresnéu, lugar que goza dunha privilexiada vista sobre o encoro de Rioseco, a presa e a estación depuradora de augas. O camiño xira agora á esquerda para seguir moi preto da liña divisoria de augas da Sierra del Crespón, que é o límite do Parque Natural de Redes con o concello de Laviana.
Despois de cruzar a braña de La Arganosa, o camiño segue pola canalización que ven dende a Fuentona dos Arrudos ata a cidade de Xixón. A partir de agora, o camiño vai por encima da tubaxe, practicamente en chan, ata Rearcu, paso de certa dificultade onde camiñamos con coidado. Aquí temos o lugar ideal para a contemplación dos cumes de Peña la Xamoca, Cuyargayos, Retriñón, Cabeza de Arcu, e ao lonxe, cumes como o Tiatordos ou o Maciédome.
Seguimos a andaina chegando de seguida a braña de Llampaces, dende a que podemos, en pouco tempo, subir ao cimbro da serra para contemplar o concello de Laviana.
Dende Llampaces, o sendeiro segue a media ladeira, xunto a tubaxe de auga, primeiro, e logo por estreito sendeiro ata a braña Mayáu la Prieya. Desde este lugar, solo queda baixar ata atopar a pista da ruta do Alba e seguila cara a Soto de Agües.