24 08 28 CIRCULAR Á PEÑA FORATATA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sallent de Gállego (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Parte alta da urbanización de Formigal (1.610 m)

ACCESO: Formigal está situado preto da estrada que une Biescas con Francia

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL:  780 m             DISTANCIA: 10 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.610 m)       

COTA MÁXIMA: Parte alta da travesía de Peña Foratata (2.185 m)

MAPA: Valle de Tena de Ediciones Alpina 1:25.000

SINOPSE: En canto á figura, se hai unha montaña estética esta é sen dúbida Peña Foratata pola súa cara sur. Hoxe imos rodear este xigante calizo no medio de os grandes cumes que o rodean. Aínda que a distancia a percorrer e curta, o desnivel e terreo polo que nos imos mover requiren dun considerable esforzo, pero nada que con paciencia non poidamos superar.

            Superando algunha fácil aganchada, podemos chegar ao cume occidental de Peña Foratata, outra cousa é a súa veciña oriental que require material de escalada para subila.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na parte máis alta da urbanización de Formigal. Esta ruta circular imos facela en sentido contrario as agullas do reloxo, buscando o comezo do camiño que indica a La Sarra. Logo duns cincocentos metros de pista e despois dunha pequena baixada acadamos un chan herboso.

            Aquí debemos prestar atención xa que temos que desviarnos á esquerda en dirección ao comezo dun carreiro que vemos uns metros máis aló e que logo estará perfectamente marcado. Este fermoso carreiro vai gañando altura suavemente en dirección leste mentres Formigal vai quedando atrás. Vemos marcas azuis e brancas que nos acompañarán durante toda a volta.

            Logo de gañar 150 m o carreiro vai a media ladeira dando vistas ao val de Lanuza e o Val de Tena chegando así ao Collado Baladrias (1.763 m). Despois duna pequena parada continuamos o camiño que comeza a baixar cara ao norte, sobre o val de Aguas Limpias; en dirección ao pico de La Laña e o seu cimbro por onde temos que pasar. O carreiro fai algún zigzag perdendo uns cen metros de altura baixo a parede da Foratata alternando zonas de prado e piñeiros.

            Logo dun tramo practicamente chan chegamos a unha zona herbosa onde se asenta a Majada de la Faxa (1.685 m) situada baixo o pico La Laña. Imos con tendencia á esquerda buscando o paso do Collado de La Laña, seguindo un carreiro que sobe suavemente con algúns fitos no camiño. O carreiro vai evitando a pedreira que baixa da Foratata cunha moderada pendente  para chegar ao Collado de La Laña (1.840 m).

            Agora temos que perder algo de altura de novo para logo subir ao Collado de Barzapuchera (1.994 m) onde aparece a cara norte da Foratata.

            Ao chegar as abas desta montaña, xiramos á esquerda buscando un pequeno outeiro para entrar cara a forcada entre os vértices da montaña.

            Despois de superar varios zigzags, acadaremos esa forcada desde a que seguiremos por un carreiro que sobe camiño das verticais paredes da cara este, que, sen chegar á beira, buscamos un paso ben indicado e con carreiro perfectamente claro comezamos a baixada cara ao Cuello del Forato ou Collado Forato.

            Desde aquí, non teremos problemas para seguir o carreiro cara á urbanización de Formigal, onde rematamos esta ruta.