24 06 16 DE CABO VILÁN A TASARAÑO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Camariñas (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Cabo Vilán

ACCESO: Uns 5 km desde Camariñas pola Estrada do Faro

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL:                         DISTANCIA: 17 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía     

COTA MÁXIMA: Ermida da Virxe do Monte (56 m)

MAPAS: I.G.N. – 67 – II – 68 – I

SINOPSE: Esta é posiblemente a etapa máis chan. Nela percorreremos toda a ría de Camariñas, cunhas paisaxes máis suaves e fermosas aldeas ata Tasaraño, onde daremos por rematada esta etapa.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do faro de Vilán polo carreiro que discorre entre a piscifactoría e o mar. Este carreiro pasa xunto ao campo de fútbol desde onde  subimos cara á ermida da Virxe do Monte. Desde a ermida baixamos de novo á beira do mar para pasar pola praia de Lago camiñando cara ao faro da Villueira onde existen os restos dunha fortificación chamada a Batería do Soberano.

            Máis adiante pasamos xunto ás ruínas do Castelo para entrar polo centro de Camariñas, ao lado do porto pesqueiro.

            Cruzamos o lugar polo paseo marítimo saíndo pola estrada de acceso á vila ata a praia de Area da Vila. Aquí deixamos a estrada para saír cara á enseada da Basa tendo que camiñar, máis tarde, outra vez pola estrada ata a Ponte de Trasteiro. Aquí deixamos a estrada para bordear a enseada da Basa ata chegar á desembocadura do río Grande.

            O camiño chega ata a praia de Airiño onde xa non podemos remontar máis pola beira e teremos que saír á estrada novamente, chegando así ao restaurante O Airiño en  Tasaraño, dando por rematada esta sinxela camiñada.