24 06 15 DE CAMELLE A CABO VILÁN

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Camariñas (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Camelle (10 m)

ACCESO: Desde Ribadeo pola autoestrada A – 8 e A – 6 ata Arteixo onde collemos a AG – 55. Logo seguimos pola AC – 552 ata Vimianzo onde seguimos pola AC – 432 ata Camariñas.

HORARIO: 5/6 horas          DESNIVEL:                               DISTANCIA: 18 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía             COTAS: de 5 a 60 m

MAPAS: I.G.N. – 43 – III – 67 – II – 68 – I

SINOPSE: Esta etapa é o corazón do Camiño dos Faros e da Costa da Morte. Unha costa virxe que percorreremos contemplando continuamente as súas paisaxes.

            O pequeno porto de Santa Mariña da acceso á Praia de Trece e ao Cemiterio dos Ingleses. O tramo de costa que vai desde Arou a Cabo Vilán é a orixe de todo, unha serie de naufraxios de barcos da mariña inglesa acaecidos entre finais do século XIX e primeiros do XX, con centos de falecidos no Serpent, foi a orixe do nome da Costa da Morte.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina xunto á praia e o pequeno porto de Camelle, onde están os restos do Museo de Man. Desde alí vamos por camiños costeiros ata Arou.

            Saímos de Arou dirixíndonos pola enseada de Xan Ferreiro ao miradoiro de Lobeiras e á praia de Lobeiras. Desde alí, por carreiro entre toxos percorremos os coídos de canto rodado no medio dunha paisaxe única, ata chegar ao pequeno porto de Santa Mariña, que cruzaremos para subir polas penas de Veo, nos estribamentos da duna de Monte Branco.

            Ao chegar arriba aparece unha das panorámicas máis espectaculares do Camiño dos Faros, con a duna, a praia do Trece, toda a Punta do Boi e o Cemiterio dos Ingleses.

            Ao baixar, atravesamos as pequenas e solitarias calas de Trece ata Punta do Boi. Alí o mar rompe con forza, onde se atopa o Cemiterio dos Ingleses.

            Ao fondo xa vemos Cabo Vilán ao que aínda tardaremos dúas horas en chegar. O camiño de Punta do Boi a Vilán lévanos por todas as praias da Raíña, por cómodo carreiro que segue esta parte do litoral salvaxe e solitario ata subir por Monte Pedroso e chegar ao Faro Vilán que é un dos símbolos deste camiño. Desde a súa posta en funcionamento fixo de guía de todos os barcos que cruzan estes mares de intenso tráfico marítimo, sendo sen dúbida un lugar máxico deste Camiño dos Faros.