23 10 21 RUTA DE LA CERVATINA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Puebla de Lillo (León)
PUNTO DE PARTIDA: Puebla de Lillo (1.105 m)
ACCESO: Desde Asturias pola autoestrada A – 66, en Ujo coller a AS – 112 que vai ao porto de San Isidro. Logo desde o porto séguese pola LE – 331 que pasa por Puebla de Lillo
HORARIO: 4/5 horas DESNIVEL: 400 m DISTANCIA: 14 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Puebla de Lillo (1.105 m)
COTA MÁXIMA: Collado de las Posadas (1.460 m)
MAPAS: I.G.N. – 79 – IV – 104 – II
SINOPSE: Os arredores da localidade leonesa de Puebla de Lillo está cubertos de frondosos faiais e algún que outro piñeiro singular. As posibilidades de excursións por esta zona son inagotables. De entre todas, esta ruta ten un premio extra, a visita a unha das teixoeiras máis importantes da Cordilleira Cantábrica.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a ruta na rúa El Valle camiñando cara á base do Susarón. O primeiro que atopamos é o monte de La Yanca bordeando o regato Patina. Unha vez subimos os tres primeiros quilómetros temos unha bifurcación onde poderemos, pola dereita, acurtar a ruta. Seguimos pola esquerda, pola ruta longa, subindo pola pista de terra en dirección á pradería de Vega Ternillo, onde xa vemos as primeiras faias.
Pouco a pouco imos internándonos neste grande faial e de seguida chegamos a unha altitude de 1.440 m onde podemos ver, á nosa dereita, unha boa panorámica da Peña de la Solana.
Logo de camiñar os primeiros catro quilómetros e medio, xa comezamos a baixar, cruzando o regato Ruidoso, pouco despois do miradoiro natural Canto del Oso, dende o que podemos gozar da Peña de la Osa e un quilómetro despois do Crestón Calizo.
Seguimos camiñando ata atopar outra bifurcación que nos informa da Tejeda de La Cervatina, onde poderemos ver grandes exemplares de teixos protexidos por valados. Desviámonos douscentos metros á esquerda para ver o bosque de teixos; volvendo sobre os nosos pasos baixando pola Sierra de Arveyal.
Pouco a pouco abandonamos o bosque de faias ata chegar á pradería de Ferrera onde conflúen os regatos de Támbado e Rebueno. Continuamos pola dereita cara ao monte Celorno onde se atopa a área recreativa de Pegarúas, pouco despois, debemos coller un desvío á man dereita cara ao monte La Silva.
Este tramo, que ven agora, é posiblemente o menos fermoso da ruta, ademais de facerse pesado polas grandes pedras que nos acompañan ata Puebla de Lillo.
Pico Mahón (1.850 m)
Para subir ao pico Mahón, logo da Tejeda de La Cervatina, seguimos por camiño que nos leva ao Collado Ferreras (1.504 m). Dende este cimbro, seguimos subindo por carreiro ben marcado ata o pico Mahón (1.850 m).
Agora toca cambiar de rumbo, comezamos a baixar en dirección noroeste cara ao Collado Tolivia (1.744 m) desde o cal, xiramos en dirección norte internándonos noutro faial, onde ao remate deste, aparece unha pista.
Esta pista vai entroncar con a pradería de Ferrera pasando xunto á área recreativa de Pegarúas desde a que seguimos ata Puebla de Lillo.