23 09 16 PANES - PICA DE PEÑAMELLERA - ALLES

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Peñamellera Baja e Peñamellera Alta (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Panes (40 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 8 en Unquera coller a N – 621 que vai a Potes.

HORARIO: 5/6 horas                 DESNIVÉIS: 670 m de subidas / 425 m de baixadas                       

DISTANCIA: 17,8 km                DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Panes (40 m)  COTA MÁXIMA: Braña Bondi (480 m)

MAPAS: I.G.N. – 56 – II – 32 – IV

SINOPSE: A primeira etapa do Camiño Natural da Cordilleira Cantábrica percorre a parte máis oriental asturiana, baixo as abas da Serra do Cuera entre os concellos de Peñamellera Baixa e Peñamellera Alta, unindo as súas capitais, Pane e Alles.

            O camiño sae de Panes de gran tradición no xogo dos bolos, percorrendo distintos núcleos rurais, atravesando varios ríos e cruzando bosques de grande diversidade.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no aparcamento do xardín botánico de Panes, á esquerda do panel de inicio do camiño. Desde o cartel seguimos as marcas pintadas en farois e brandas de madeira. No primeiro tramo seguimos polo val do río Deva onde temos varios paneis informativos do xardín botánico, colocados nos primeiros metros deste camiño, que nos permiten interpretar a paisaxe vexetal da comarca de Picos de Europa.

            No comezo da camiñada, á esquerda, enriba dun outeiro, podemos ver o Pazo de San Román. Logo de pasar unha pequena ponte de madeira, situada á esquerda do camiño, atópase a igrexa de San Xoán de Ciliergo, poucos metros despois, a traza do camiño sae á estrada asfaltada polo que deberemos extremar as precaucións.

            Camiñamos un quilómetro aproximadamente por esta estrada ata que cruzamos o río Deva pola primeira ponte que atopamos. Comeza unha lixeira subida desde a que temos unha panorámica do río con a Pica de Peñamellera ao fondo e a Serra do Cuera. Neste tramo o camiño cruza o núcleo rural de Tobes, onde se atopa a igrexa de San Pedro, e un pouco máis adiante, collemos o desvío á esquerda cara a Bores, situado na faldra da Pica de Peñamellera.

            Estas aldeas atópanse entre prados delimitados por paredes de pedra caliza, salpuxados de pequenos bosques e afloramentos de rochas. En Bores, a ruta sobe entre prados e fincas con cabanas tradicionais. Á altura desta aldea temos a cova de Subores, declarada Ben de Interese.

            Con a Pica de Peñamellera, sempre á dereita, o camiño baixa polo cimbro de Ardines, desde o que se ve Mier, un núcleo rural asentado na ladeira de El Llambiral e atravesado polo Cares.

            Deixando Mier atrás, o camiño segue por unha ladeira caliza moi preto do Cares, polo que deberemos ter coidado nesta parte. Cruzamos o río e a estrada para entrar en Niserias seguindo pola estrada asfaltada AS – 345 aproximadamente un quilómetro ata que collemos o desvío cara a Besnes onde a pista sobe entre soutos de castiñeiros, avelairas e carballos pola beira do río Besnes ata chegar a Alles, onde rematamos a primeira etapa do Camiño Natural da Cordilleira Cantábrica.

 

            Pica de Peñamellera (764 m)

            Para subir á Pica de Peñamellera, logo de pasar a aldea de Bores, collemos unha pista á dereita que sobe ata Huerto Collado (496 m), onde collemos un carreiro que sae pola dereita que cruza un prado e pasa por xunto a unha rea de avelairas logo dos cales saímos a unha pedreira. Os fitos lévannos ata o comezo da subida onde teremos que facer uso das mans en varias ocasións ata chegar ao cume desta montaña.