22 12 17 DE PÁRAMO A SAN MARTÍN

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Páramo (840 m)

ACCESO: Desde Trubia seguindo a AS – 228 que pasa por San Martín de Teverga.

HORARIO: 4 horas              DESNIVEL: 350 m de subidas / 700 m de baixadas                          

DISTANCIA: 12 km             DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: S. Martín (450 m)           COTA MÁXIMA: Collá del Pandu (1.150 m)

MAPAS: I.G.N.  – 77 – I – III

SINOPSE: A un lado, o Parque Natural de Somiedo, no outro o Parque Natural de Las UbiñasLa Mesa. Teverga é sinónimo de natureza e outra maneira de gozala é esta ruta de sendeirismo. Unha ruta que se pode facer en calquera época do ano.

DESCRICIÓN DA RUTA: En Páramo (840 m), uns metros máis arriba de onde sae a pista asfaltada que sobe a La Fociecha (1.080 m), parte o camiño antigo que unía estas dúas poboacións. A costa é máis pronunciada nos primeiros catrocentos metros, baixando logo a súa pendente, manténdose esta ata La Fociecha, situada no quilómetro dous desta andaina.

            Pasamos polo medio desta aldea para seguir subindo ata a Collá del Pando, (1.150 m), punto máis alto deste percorrido. Desde este cimbro temos a opción de subir con pouco esforzo á Peña Vigueras (1.376 m) que nos depara unha fermosa panorámica do bosque de Pandu e todo o val de Teverga:

            Desde a Collada del Pandu, abandonamos a pista para coller un carreiro que baixa cara ao poboado medieval de Presorias (837 m), hoxe composto de praderías e cabanas.

            Os poboados de Presorias e San Vicente aparecen citados en documentos do século XII como aldea e pequeno mosteiro. Desde este punto, o camiño mellora chegando a unha bifurcación que vai pola dereita a Cueva Huerta e á esquerda a La Plaza.

            Collemos o da esquerda que pasa por San Salvador e logo polo Parque de La Prehistoria, camiñando paralelos á estrada e ao río Páramo. Xa preto do remate, accedemos á estrada e camiñamos por ela ata San Martín, onde damos por finalizada a ruta de hoxe

(Debido a que tíñamos encargado o xantar en S. Martín tivemos que finalizar a ruta no Parque da Prehistoria)