22 08 08 BARGAGAIN POLO FAIAL ENCANTADO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Sierra de Urbasa – Alsatsu (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Centro de Información do Parque
ACCESO: Desde a autoestrada A – 1, coller a NA – 718 que pasa por Olazti en dirección a Lizarra. O punto de saída está a 8 km da autoestrada.
HORARIO: 3 h DESNIVEL: 300 m DISTANCIA: 8 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Ida e volta – circular
COTA MÍNIMA: Centro de Infomación (920 m) COTA MÁXIMA: Bargagaín (1.198 m)
MAPA: I.G.N. – 114 – III
SINOPSE: Esta ruta, fácil de facer xa que o desnivel acumulado non é grande e o carreiro está moi marcado, sobe polo fermoso Sendero del Hayedo Encantado que nos levará ao monte Bargagain, cume cimeira da Serra de Urbasa.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos camiñando paralelo á estrada, por carreiro marcado con pintura branca, verde e vermella. Está moi ben sinalizado polo que seguindo as marcas é imposible perderse. Chegamos a un tramo con o camiño de grava, é con varios puntos de interese sinalizados.
Temos desde bordas ata vías abandonadas ou túmulos megalíticos, todo iso en poucos metros. Axiña vemos un cartel que indica o Sendero de los Montañeros. Para seguilo, debemos abandonar o camiño de grava seguindo a dirección que nos indica o cartel, cara á dereita.
A partir de aquí, seguimos as marcas brancas e verdes, tendo o camiño completamente balizado con pequenos postes con estas marcas. Non existen moitas bifurcacións é has que hai están ben sinalizadas.
Nunha das bifurcacións, xiramos á esquerda, comezando unha lixeira subida por o camiño envolto en faias. Cruzamos unha cancela e uns cincocentos metros despois chegamos á crista Tontorraundi onde temos varias opcións. Bargagaín queda á nosa esquerda pero, seguimos camiñando uns metros cara á dereita, para subir ao Ixuripunta (1.133 m). Quen non queira subir a esta modesta cima, pode seguir directamente cara a Bargagaín.
Desde Ixuripunta, volvemos sobre os nosos pasos para seguir pola crista, camiñando entre as rochas ata o cume de Bargagaín (1.153 m). Desde aquí as vistas son espectaculares, tendo enfronte Alsasua, á esquerda os Montes de Altzaina, Aratz e a Serra de Aizkorri con os cumes Aizkorri, Aketegi e Aitxuri. Á dereita a Serra de Aralar e a Serra de Andía.
Feita unha parada, seguimos pola crista uns metros, ata un indicador, onde collemos o carreiro que baixa directamente cara ao cruce onde na ida, collemos o Sendero de los Montañeros. Baixamos directamente por entre a arborada pasando unha cerca cun paso habilitado para iso. Vemos unha faia rodeada dunha parede de pedra e pouco despois atoparemos o camiño de ida polo que volvemos ao punto de comezo sen ningún problema.