22 01 15 OVIEDO - FUSO DE LA REINA - TRUBIA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Oviedo (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Parque de Inverno de Oviedo

ACCESO: Pola autoestrada A – 8 e A 66 onde se colle a saída 31 cara a Oviedo Centro e logo cara as instalación deportivas de San Lázaro.

HORARIO: 4/5 horas          DESNIVEL: 45 m de subidas / 180 m de baixadas

DISTANCIA: 16,5 km         DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Trubia (90 m)      COTA MÁXIMA: Parque do Inverno (225 m)           

MAPAS: I.G.N. – 28 – IV – 29 – III – 52 - II

SINOPSE: A ruta de hoxe sitúanos na senda verde que comunica os concellos de Oviedo con Santo Adriano percorrendo unha antiga liña de ferrocarril. Un camiño asfaltado que se pode facer en bicicleta ou camiñando sen ningunha dificultade.

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do Parque de Inverno de Oviedo seguindo o camiño asfaltado e marcado con postes de madeira, a pouco máis de dous quilómetros atoparemos a antiga estación de La Manjoya onde existe unha aula da natureza.

            Pasamos por unha zona de descanso deixando atrás a antiga estación e cruzamos por unha ponte de madeira que pasa por riba da autoestrada. Unha vez cruzada a autoestrada temos unha paisaxe con máis vexetación e varias fontes ao longo da ruta.

            O túnel de Premaña de 30 m dará paso á veiga do mesmo nome onde divisaremos o campo de golf de Las Caldas. A partir de aquí, o camiño continua por esta veiga atravesando o outeiro a través do túnel Veneros de 264 m de lonxitude. Antes de entrar a este túnel temos un ramal á man dereita que comunica con Las Caldas.

            Logo de atravesar o túnel de Veneros temos unha área recreativa con mesas e bancos. Seguindo o camiño, cruzamos por unha ponte metálica o río Nalón aparecendo diante de nós a antiga estación de Fuso de la Reina. Unha estación que foi importante enclave ferroviario e na que remata o primeiro tramo desta senda verde.

            Seguimos o camiño deixando atrás a estación pegado as vías, onde teremos que compartir a estrada con vehículos. Máis adiante por unha pequena subida atravesamos as vías do tren para logo seguir pola pista marcada ata pasar un segundo paso a nivel, logo do cal chegaremos á central hidroeléctrica de Puerto, á beira do Nalón, que foi construída a comezos do século XX.

            Xunto á central cruzamos o río por unha longa ponte metálica e un pouco máis tarde volvemos a cruzar o Nalón por unha ponte onde tamén temos que compartir o camiño con o tráfico rodado para pasar fronte á estación de Caces, unha vez cheguemos á parte alta lo lugar, teremos que volver a atravesar a vía do tren é, preto deste paso atoparemos outra fonte.

            Seguimos o camiño, marcado en todo momento, de sinais que indican que compartimos o espazo con vehículos e que nos levará á dereita, para despois camiñar entre as casas do lugar e ata chegar, logo de superar unha pendente, pola que volveremos a atravesar a vía do tren ata Trubia á beira do río Nalón.