21 08 07 BAKAIKU - ERMIDA DE S. ADRIÁN - PORTO DE LIZÁRRAGA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Lizárraga (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Bakaiku (540 m)
ACCESO: Desde a autoestrda A – 10 coller a saída 24 dirección Bakaiku / Iturmendi
HORARIO: 2/3 horas DESNIVEL: 575 m DISTANCIA: 9,5 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Bakaiku (540 m) COTA MÁXIMA: Ermida de S. Adrián (1.114 m)
SINOPSE: San Adrián é un outeiro situado sobre o anticlinal norte da serra de Urbasa, dominando os vales de Burunda e Ergoiena. O cume de San Adrián (1.114 m) está presidido pola ermida do santo, do que se di que protexe o val das tormentas.
Neste cume comeza o espectacular cristeirío da unión das serra de Urbasa e Andía, formado por un conxunto de grandes bloques calíos que se esborrallan cara ao val formando un característico perfil aserrado
DESCRICIÓN DA RUTA: Na antiga estrada a Vitoria, nas derradeiras casas de Bakaiku, collemos a rúa Portuko, á dereita que sobe rumbo sur vai cara as casas máis altas do lugar. Pasamos xunto aos depósitos de auga e máis tarde a cisterna do gas.
Seguimos subindo e pouco despois chegamos a un cruce de camiños situado entre dúas granxas e un panel con nomes e localización de tres barrios dispersos do lugar. Seguimos recto e pouco despois, xunto á unha porta, á dereita, o camiño do po vai decididamente, en diagonal, cara á serra de Urbasa, buscando o paso natural do porto de Lizárraga (non confundir con o porto de Lizárraga da estrada) lugar onde os cortados ceden.
Seguimos sen problemas seguimos este camiño ata unha primeira fonte cun refuxio ao carón dela. Seguiremos subindo o resto da travesía durante unha hora aproximadamente ata atoparnos con o camiño, máis amplo, que sobe desde Etxarri Aranatz.
Seguimos en dirección leste, incluso cunha pequena baixada, para chegar ao porto natural á altura duns arames e unha cancela. Hai dous pasos bastante pretos pero nós chegaramos polo situado máis ao oeste. A partir de aquí seguimos os arames cara ao leste ata acadar a ermida de San Adrián (1.114 m).
Saímos da ermida con rumbo sur cara á pista que vai cara a venta do porto de Lizárraga (1.040 m) onde se nos presentan tres opcións: A: seguir a aresta; B: seguir pola pista; C: Pola sima de Tximua.
Entendo que a máis espectacular é baixar o máis preto dos cantís, que nos darán unhas vistas espectaculares de todo o val así como poder apreciar de cerca o arco Portupekoleze, logo todo o camiño en suave baixada ata o aparcadoiro do porto de Lizárraga.