09 07 26 Pic des Pessóns

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Andorra

PUNTO DE PARTIDA: Estación de esquí de Grau Roig

HORARIO: 5/6 horas          DESNIVEL: 1.050 m                     DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Media / alta                     TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Punto de partida (2.100 m)     

COTA MÁXIMA: Pic des Pessóns (2.864 m)

 

DESCRICIÓN DA RUTA:  Sáese da estación de esquí de Grau Roig en dirección sur oeste. Na primeira parte da subida seguimos o río Dels Pessóns ata o lago Primer onde hai un refuxio. Seguimos o val pasando xunto aos lagos Forcat e Rodó. No entretido camiñar entre lagos e lagoas chegamos aos lagos de Meligar e máis enriba o Cap dels Pessóns.

            Dende este último dirixímonos ao cimbro de Pessóns no que xiramos á esquerda para seguir a liña do cordal ata o pico Pessóns (2.864 m).

            Dende Pessóns partimos en dirección leste perdendo a mínima altura posible, para subir ao seguinte cume deste cordal, o Pic de Montmalús (2.782 m) dende o cal facemos un xiro ao norte para baixar a través da Coma Estremera ata a estación de Grau Roig.