20 02 15 CAMPU CASU - BELERDA - LA CONYONADA - LA ENCRUCIJADA

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes (Caso) Asturias
PUNTO DE PARTIDA: Sotu de Caso (630 m
ACCESO: Desde a autoestrada A – 64 cóllese a que vai a Langreo e aquí a estrada AS – 117 que vai ao porto de Tarna.
HORARIO: 4/5 horas                                  DESNIVEL: 700 m de subidas / 600 m de baixadas             
DISTANCIA: 15,3 km            DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Campu Casu (580 m)           COTA MÁXIMA: La Collaína (1.214 m)
MAPAS: I.G.N. – 79 – I – II
SINOPSE: Declarado Parque Natural en 1996, e recoñecido pola UNESCO como Reserva da Biosfera en 2001. o Parque de Redes ocupa a zona centro oriental do Principado de Asturias.
            A súa riqueza ambiental maniféstase nunha multitude de paisaxes e contrastes. Incluso se pode observar formacións de orixe glaciar, como pedregais ou circos, formas kársticas en covas, e amplos campos de pasto e montes. Redes conta cunha superficie arborada que ocupa o 40% do territorio.
            No Parque de Redes atópanse todas as especies características do norte peninsular, o oso pardo, a pita de monte e o lobo; tamén se localizan as maiores poboacións de rebezos e cervos de Asturias. O faial é a formación vexetal dominante dos montes  de Redes, aínda que estes albergan manchas importantes de carballo albar.
DESCRICIÓN DA RUTA: A andaina comeza xunto ao albergue de Campu Casu (580 m) seguindo o GR – 102 Camino del Sellón ata preto de Belerda. Para iso, baixamos á estrada camiñando por ela en dirección a Tarna uns metros ata que atopamos unha ponte de pedra, á nosa dereita, pola que cruzamos o río Nalón. O camiño vai sen grandes desniveis pasando xunto a varias cabanas, o muíño de Veneros e máis tarde unha piscifactoría.

            Pasada esta, comeza unha subida que cruza o rego de Zorea e chega ao Collau Castiellu (678 m) onde existía un castro. Agora baixamos ata moi preto da canle do río Nalón e seguimos todo en chan ata acadar a unha pista asfaltada que collemos cara á Belerda (650 m), tendo que cruzar o río Quixaorio por unha ponte para chegar á aldea. Cruzámola en dirección oeste onde comezamos unha constante subida ata La Collaína (1.214 m).

            Na saída de Belerda temos unha forte rampla de formigón onde se xira á dereita e remata o camiño asfaltado. A partir de aquí, sen perda ningunha, seguindo o camiño principal, imos facendo numerosas revoltas sempre salvando desnivel, nuns tramos máis pendentes que outros. Pasamos xunto a varias brañas; Los Cerezales, La Llera, Pandefresno, Quixaorio… ao longo desta subida que non dará tregua ata que levemos uns catro quilómetros camiñando e cheguemos á Collaína (1.214 m), punto máis alto deste percorrido.

            Unha vez na Collaína, temos un cruce de camiños: pola esquerda seguiríamos cara á braña de La Gallera (1.260 m) para retomar desde esta a baixada a La Felguerina; á dereita parte un carreiro que vai á Collada Incós (1.267 m) pola que teríamos que pasar en caso de subir á Peña El Casar ou Conyonada (1.415 m) para o que teríamos que engadir 200 m máis de subida.

            De fronte segue a pista que axiña comeza a baixar ata unha primeira bifurcación. Calquera dos camiños baixa a La Felguerina, nós seguimos de fronte por un camiño un pouco máis largo pero menos pendente. Este camiño da un rodeo pero non pasa pola Felguerina, atravesa varios prados indo a dar con a pista de acceso á Felguerina nas aforas deste lugar.

            Deixando a primeira pista que pola esquerda baixa á Felguerina, seguimos de fronte polo lugar de La Cerra ata Collá Les Fuentes (1.051 m). Deixamos un desvío á dereita que vai á braña de Bustiello, para seguir pola pista principal que pasa entre dúas cabanas.

            Máis abaixo cruzamos a aldea de Peredo e La Cabañona para entroncar con a pista de La Felguerina. Aquí collemos a pista asfaltada cara á dereita e seguimos sempre en baixada ata La Encrucijada (600 m), onde remata esta travesía.