21 08 11 FERVENZAS DE ALTUBE

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR  

 

SITUACIÓN: Zuya (Álava)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de Altube (620 m)

ACCESO: O porto de Atube está situado na estrada A – 624 que vai desde Amurrio a Murgia.

HORARIO: 3  horas                        DESNIVEL: 250 m              DISTANCIA: 9 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Refuxio no río Altube (400 m)                                  

COTA MÁXIMA: Porto de Altube (620 m)

MAPA: I.G.N. – 111 – II

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Unha vez chegado a Altube, saímos do aparcadoiro que hai xusto onde comeza a baixar a estrada. Camiñamos por ela uns catrocentos ata que vemos á nosa esquerda unha pista. Comezamos a baixar por ela e de seguida atopamos a cerrume metálica da autoestrada logo da cal temos un paso por debaixo dela.

            Seguimos a pista que logo dunha pequena subida convértese en carreiro que axiña desaparecer. A orientación non é difícil para achegarnos á primeira fervenza, basicamente porque o son nos levará cara a ela onde atopamos un difuso carreiro que baixa ao río. Aínda que, esta primeira fervenza non é a máis espectacular, ben merece a visita.

            Seguimos sen carreiro claro, con o río á nosa esquerda, buscando a mellor maneira de avanzar polo novo faial ata que collemos un carreiro que nos achega a un pequeno refuxio que se atopa pechado. Camiñamos ata chegar a un segundo refuxio, máis grande que o anterior pero pechado por un cercado.

            Da parte traseira deste refuxio sae unha pista e xunto a ela un carreiro que nos leva a segunda fervenza, esta, moito máis grande ca primeira e cunha fermosa poza. Logo desta visita, volvemos ao refuxio e pola dereita hai unha ponte para atravesar á outra beira do río.

            Subimos por un carreiro ata a pista que collemos durante uns metros ata chegar a un cruce, pouco claro, onde seguimos pola esquerda por unha pista pouco marcada pero evidente ata que esta vai xirando cara á  esquerda. O último tramo é máis pendente chegando a enlazar con outra pista moito máis clara, que seguimos uns metros para desviarnos á esquerda por outra menos marcada e subimos ata enlazar con a anterior.

            Agora seguimos sen problemas ata que vemos outra pista que baixa pola dereita, é o enlace con o GR – 282, seguimos de fronte ata chegar ao barranco. Vamos pola outra ladeira ata que a pista fai un xiro de 180º e abandonámola pola esquerda por un carreiro desde o que oímos a auga caendo, que nos leva a terceira fervenza.

            Este lugar é espectacular, sendo a caída da auga moito maior e seguindo o carreiro pola beira do ría vamos atopando fervenzas a cada cal máis grande e espectacular.

            Seguimos o carreiro que por veces ten fortes pendentes, ata que comeza a suavizarse enriba da última fervenza. Logo chegamos ao paso da autoestrada e unha ponte xunto ao enlace, de novo con o GR. Seguímolo polo bosque ata chegar á pista saíndo do bosque nunha campeira onde temos que pasar unha cerrume. Un pouco máis adiante deixamos a pista pola esquerda e nuns minutos rematamos no punto de saída.