20 11 21 VAL DE PONGA

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: San Juan de Beleño (600 m)

ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada N – 625 ata Puente Vidosa. Alí cóllese a estrada que sobe a Viego e pasando pola Collada Llomena baixa a San Juan de Beleño.

HORARIO: 4 horas                         DESNIVEL: 300 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Foz do río Ponga (388 m)       COTA MÁXIMA: Sobrefoz (660 m)

MAPA: I.G.N. – 55 – III

SINOPSE: A ruta do Valle de Ponga percorre os vales dos ríos Ponga e Pandellina, así como os lugares de San Juan de Beleño, Yanu, Sobrefoz e Abiegos, atravesando os seus bosques de carballos e castiñeiros centenarios e a impresionante Foz do río Ponga.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza no Centro de Interpretación do Parque Natural de Ponga, xusto detrás dun cartel da ruta, que se atopa alí mesmo, saen unhas escaleiras polas que baixamos e seguiremos ata chegar a un camiño que sae de fronte.

            Topamos con outra escaleira e xa podemos ver o camiño que sae de fronte, entre paredes de pedra. Comezamos a baixar e xa temos as primeiras imaxes da cordilleira, con o Tiatordos en primeiro termo.

            Seguimos o camiño pasando xunto a un vello lavadoiro e continuamos baixando por un carreiro de terra que nos vai achegando ao río. Ao chegar a este, temos que cruzalo por unha ponte de pedra e de seguida chegamos a un punto onde existe un cruce con sinais que nos indican a subida a Sobrefoz e a Abiegos.

            Seguimos en dirección a Sobrefoz, sabendo que este tramo é de ida e volta e ao chegar ao río, o camiño estréitase bastante e ademais hai que subir un paso dun metro de altura, agora o carreiro vai por unha zona máis ancha tendo que cruzar unha cancela por enriba.

            O camiño vólvese pedregoso por unha zona inundable, o que non deixará facer este tramo en época de choivas.

            Axiña chegamos a Sobrefoz onde daremos un pequeno paseo antes de retomar o camiño de vota. Tamén, de Sobrefoz sae unha pista que sobe a Ventaniella, como a ruta de hoxe é curta, podemos seguir esta pista e dar a volta onde nos pareza.

            De calquera maneira, en Sobrefoz temos que coller o carreiro por onde viñemos ou seguir a estrada a Abiegos. De todas maneiras, aínda que volvamos polo sendeiro teremos que subir á estrada máis adiante para chegar a Abiegos.

            Saímos de xunto a igrexa de Abiegos seguindo as indicacións dos carteis comezando unha forte baixada por un estreito e pedregoso carreiro, bastante invadida pola maleza e as ortigas.

            Cando chegamos ao río, temos que cruzalo por unha ponte e comezamos a subir, primeiro con pouco desnivel pero endurecéndose a subida segundo imos camiñando.

            O carreiro desemboca nunha pista máis ancha que nos leva a estrada á entrada de San Juan de Beleño.