20 09 19 BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Castro Caldelas (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Castro Caldelas (770 m)

ACCESO: Desde Monforte pola estrada LU - 203

HORARIO: 4/5 horas                      DESNIVEL: 535 m de subida e os mesmo de baixada                                 

DISTANCIA: 15 km                         DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Río Batán (380 m)         COTA MÁXIMA: Castro Caldelas (770 m)

MAPA: I.G.N. – 189 – III

SINOPSE: Un dos maiores atractivos de Castro Caldeas é a súa biodiversidade, que no conxunto de prados, soutos, bosques e viñedos crean unha paisaxe única. A auga, en diferentes formas, fontes, ríos, fervenzas e mineiro mediciñais flúe en todas partes sendo un dos maiores protagonismo ao longo desta camiñada.

             A través desta ruta coñecemos o patrimonio etnográfico como son as corredoiras, arquitectura relixiosa, muíños e construcións antigas do rural.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta ruta sae xusto da praza central de Castro Caldelas seguindo unha rúa en dirección noroeste. Comeza a baixada que pasa xunto á aldea abandonada de Entrambasaugas, polo medio do bosque ata a seguinte aldea, tamén abandonada de Vilaverde. Camiñamos agora un tramo por pista en dirección á capela de San Amaro, que nos queda á nosa esquerda. Agora a pista comeza unha pequena subida polo bosque para baixar de novo e cruzar a estrada LU – 203 en dirección ao Pazo de O Couto e logo de pasar esta aldea, de novo cruzamos a estrada.

            O camiño pasa por Soutelo e entre viñedos chegamos á beira do río Edo, por un antigo camiño que nos leva a outro máis ancho que ia dende o mosteiro de San Paio á Abeleda.  Neste lugar, a uns cincuenta metros, pola nosa dereita, temos un muíño.

            Proseguimos o camiñar cara ao mosteiro de San Paio, actualmente en ruínas, aparecendo de novo os viñedos. Pasamos o barrio de O Pacio en Abeleda seguindo cara ao río Batán, onde temos unha exuberante vexetación de ribeira, unha ponte medieval e varios muíños en ruínas.

            Abandonamos o río, comezando a subir, para dirixirnos de novo a Abeleda, esta vez pola parte superior pasando antes pola aldea de Paradella. En Abeleda pasamos xunto á igrexa de Santa Tecla seguindo subindo polo monte Follatedo, un espeso bosque, cara á aldea de Poboeiros onde merece a pena facer unha parada para contemplar a reitoral e a súa igrexa.           

            Saímos pola pista desta aldea para desviarnos pola esquerda cara a Castomás volvendo a introducirnos no exuberante souto de Poboeiros no que podemos atopar exemplares centenarios.            

            O camiño sobe polo monte e, sen perda, chegamos a Castro Caldelas onde damos por rematada esta ruta.