20 01 18 RUTA DE LA CASTAÑAL

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Belmonte de Miranda (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Belmonte de Miranda (200 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A-8 coller a saída 421 en dirección a Pravia. Seguimos ata o cruce de Cornellana onde a estrada que vai a Cangas de Narcea ata San Martín de Lodón. Aquí collemos a estrada que sobe ao porto de Somiedo.

HORARIO: 4/5 horas                      DESNIVEL: 700 m                          DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Belmonte (200 m)         MAPA: I.G.N.- 51 – II

COTA MÁXIMA: Tramo na saída de San Matín de Ondes (880 m)

SINOPSE: Ruta de montaña polo concello de Belmonte, percorrendo o PR.-AS - 144. O sendeiro de pequeno recorrido discorre entre Belmonte de San Martín de Ondes, subindo por un bosque de castiñeiros e enlazando  con  o Camín Real de La Mesa ata Dolia e baixa polo val de Cuovasil.

            Son antigos camiños empedrados case todo o tempo, habendo tamén un par de tramos de asfalto. Nas poboacións hai fontes onde podemos coller auga.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza en Belmonte (200 m) para cruzar o río por unha ponte de ferro e coller paralelo ao río por riba das casas. A pista é cómoda e vai cara ao cercado dos lobos, onde hai tres exemplares en catividade.

            Pola pista, de vez en cando,  hai carteis indicadores explicando o que imos vendo como o pico Cervera, regatos etc. A pista continúa sen apenas desnivel paralela ao río Pigüeña ata chegar a unhas cadras onde un cartel marca o desvío do GR - 205 cara a Pola de Somiedo e o PR. - AS - 144 que sobe a San Martín de Ondes, o que collemos nesta ocasión.

            Unha vez que deixamos a pista xunto ao río, collemos un carreiro, o que era un antigo camiño empedrado, entre castiñeiros que son os que dan nome a ruta. Agora a subida é continua sen ningún descanso, polo que deberemos collelo con calma. Por tramos aparecen restos do camiño empedrado mentres imos pasando xunto a algúns restos de cabanas pasando tamén unha ponte sobre o regato Algaiona.

            O camiño non ten perda e así pouco a pouco chegamos a Ondes (575m) entrando xunto á Fonte de Sifones, con auga fría e algunha ortiga. Aquí seguimos de fronte evitando así o camiño enlamado que sobe pola dereita. Cruzamos esta aldea para no seu remate coller un camiño que sobe uns metros ata a pista asfaltada pola que seguimos ata San Martín (702 m).

            Saímos de San Martín, pasamos xunto á fonte para uns metros máis adiante abandonar o asfalto collendo á esquerda un camiño que sobe á pista asfaltada que vai a Dolia ata La Corredoria (873 m) onde deixamos o asfalto para coller un novo camiño polo que discorre o GR – 101, e que nos levará por un traxecto moi enlamado, en caso de choiva, ata Dolia (827 m). A alternativa a este tramo é seguir pola pista asfaltada.

            Deste fermoso lugar, desde La Calea, sae o antigo camiño de Belmonte. Comezamos a baixada en dirección noroeste, deixando á dereita varias pistas de terra, pasando por Cuovasil (740 m) antigo pobo pertencente ao mosteiro de Stª Mª de Lapedo, hoxe usado como braña; ten fonte e un antigo lavadoiro de pedra que deixamos á nosa esquerda. Retrocedemos un pouco para volver ao camiño que sae por riba dunha cancela metálica; o camiño bordea a finca para achegarse logo ao rego de Cuovasil, cuxa cunca seguimos durante máis dun quilómetro por unha forte pendente.

            Seguimos polo camiño que bordea o Picu Cervera pasando da vertente sur a vertente norte pola Cuesta Cervera, ata Tabláu (340 m) e desde aquí por estrada chegamos a Belmonte polo barrio de Los Caleyos.          

            Pico Cervera (887 m)

            Para subir ao pico Cervera, saímos de Dolia seguindo o camiño de baixada descrito na ruta normal ata que o camiño fai unha curva á esquerda. Neste punto temos que abandonalo para seguir en dirección norte ata alcanzar unha pista que seguimos ata a primeira curva á dereita. Aquí abandonamos este curto tramo de pista seguindo un ramal, menos importante, cara á esquerda         que pasa xunto a unha cabana. O sendeiro cruza a crista do pico El Castiechu, que tamén podemos subir, e pasa ao outro val dando vista ao fácil pico Cervera.  A baixada facémola en dirección sur por este pequeno val ata enlazar con o sendeiro de baixada da ruta da Castañal.