01 01 14 Recorrido arqueolóxico por Castro (Grandas de Salime) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Grandas de Salime (Asturias) 

ACCESO: A Grandas de Salime chégase pola estrada AS-12 que vai de Navia a Grandas e Fonsagrada. Tamén dende A Veiga pola Garganta e San Martín de Oscos. 

PUNTO DE PARTIDA: Castro                 HORARIO: 4/5 h                   DISTANCIA:15 km

 DESNIVEL: Sen importancia            DIFICULTADE: Baixa                MAPAS: I.G.N. – 49 – IV

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota comeza a cinco quilómetros e medio de Grandas de Salime na estrada da Fonsagrada, nas inmediacións do Albergue de Castro, onde logo de atravesar o pobo hai que desviarse á dereita e percorrer un camiño duns catrocentos metros que nos leva ate ditas escavacións as que podemos percorrer e mirar dende fora do recinto pois non se pode entrar sen autorización.

            Finalizada a visita ao castro, volvemos ao punto de partida onde se atravesa a pista que leva a Pena Redonda e se sigue a liña de cimas por un cortalumes ou ben se faldrea paralelo á estrada en dirección sur por unha ampla corredoira pola que pasa o Camiño de Santiago. Tanto o cortalumes como a corredoira chegan a estrada mais adiante.

            A rota sigue pola pista que sae ao outro lado da estrada con dirección a Pena Furada, dende onde se baixa ato regato polos túneles que levaban a auga as antigas minas de Valabilleiro.

            De seguido e collendo a marxe esquerda do regato baixase ate o núcleo de poboación de A Viñola pola vella canle da auga. A rota sobe dende aquí ate o pobo de Teixeira, que deixamos á dereita e seguimos un camiño entre praderías ate que cheguemos a unha pista asfaltada que vai a Nogueirón e Llandecarballo. Neste cruce existen uns petroglifos, chamados de A Xorenga, gravados curiosos de figuras humanas nas rochas, repartidas a ambos lados da pista.

            Retomamos a marcha pola esquerda para chegar a Padraira, xa na estrada AS-28, cerca desta levántase a capela de San Lázaro, antigo lazareto do Camiño de Santiago, dende onde nos diriximos ate o punto de partida por un camiño paralelo a estrada.

 

Visita ao Museo Etnográfico

           

      Esta proposta de carácter cultural, podemos facela antes do percorrido arqueolóxico en torno ao castro. Trátase de visitar o museo relacionado coas costumes e forma de vida das aldeas da comarca en tempos pasados.

      O museo conta con máis de quince anos de antigüidade, entre paredes dun vello caserón reitoral, con miles de obxectos celosamente conservados que nos dan unha idea do pasado recente.

      Hai sas dedicadas as armas, as zocas, cociñas, cuartos e mesmo unha escola dos anos cincuenta. Tamén teñen unha fragua, tear e torno.

       Sobresaen pezas individuais coma unha vella alquitara ou un cepo para coller osos. No curral, en miniatura está a reproducción dun mazo, enxeño hidráulico moi utilizado na comarca en tempos pasados.