01 03 25 Senda do Oso (Proaza e Teverga) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Proaza e Teverga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Proaza (200 m)

ACCESO: Na estrada N-634, en Trubia, collemos a que vai a Teverga e o Porto de Ventana.                            

HORARIO: 3 - 4 horas                    DESNIVEL: 240 m                          DISTANCIA: 15 km            

DIFICULTADE: Baixa                  TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPAS: I.G.N. – 52 – III – 77 – IV

SINOPSE: A Senda do Oso é unha cómoda ruta peonil por terras de Proaza, Teverga e Quirós que discorre aproveitando un tramo de vía férrea que cruzaba o val mineiro de Trubia. A vía foi proxectada en 1.862 para baixar o mineral e os produtos tratados nos altos fornos de Quirós ata a fábrica de ferro de Trubia.

            Uns anos mais tarde ampliouse a liña polo val do río Teverga para dar saída ao carbón das minas de Entrago.

            Despois dun século de uso, a liña foi abandonada e cuberta pola maleza, mais non hai moito tempo, este antigo camiño de ferro foi recuperado para pasar a ser a rota da que hoxe vamos a gozar.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos o primeiro tramo da excursión que durante cinco quilómetros discorren por un desfiladeiro de paredes verticais sobre das augas do Trubia; aparecendo no primeiro quilómetro o desfiladeiro de Peñas Juntas, unha estreita garganta onde o río, a estrada e maila vía dispútanse o sitio para pasar. Deberemos cruzar a través de varios túneles debaixo da inmensa mole pedrosa da serra de Caranga.

      Case, de  repente remata o desfiladeiro e aparece un val, faltándonos pouco para chegar ata o próximo pobo da rota: Caranga de Abaixo. Aquí deixámo-lo  val do Trubia  pasando ao do Teverga pero, para isto, deberemos cruzar a canle do río Trubia a través da Puente del Inicio. A pista intérnase de seguida pola vertente esquerda do Teverga.

      Avanzamos por unha paisaxe de árbores de ribeira e castiñeiros, e tras unhas revoltas do río entre paredes, do que xa parece un val, encontrámonos con unha área recreativa chamada El Castañal na cal podemos descansar un   pouco.

      De seguido a senda cruza o río pola Puente de Pilares e prosegue pola outra vertente en dirección ao desfiladeiro, achegándose á parede calía da Serra de Sobia; e a cinco quilómetros do final da rota pasamos polo desfiladeiro de Valdecerezales. Cruzamos dúas pontes, de Aguas Arriba e Aguas Abajo, mentres que as brancas paredes calcáreas estreitan o  camiño aparecendo enormes farallóns verticais enriba da mesma senda, xa nos queda unicamente cambiar de beira e nuns poucos minutos atopamos as primeiras casas de Entrago, lugar onde agarda o autobús.