01 04 13 Val do Rao (Navia de Suarna) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

ACCESO: Na estrada N-VI, en Becerreá, coller a estrada de Navia de Suarna e unha vez alí seguir en dirección as terras irredentas de Asturias e a 6 kms. de Navia de Suarna, xusto ao pe da desembocadura do río Rao no Navia, atópase o inicio da ruta.

 

HORARIO: Estímase un tempo mínimo de entre 8 e 9 horas (24 kms.).

 

DESNIVEL: A cota mínima é de 280 m. e a  cota máxima situase en 780 m.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: No lugar de Río de Pé, confluencia dos ríos Navia e Rao, comeza a Ruta de Val do Rao, magnífico e longo percorrido por unha paisaxe de baixa e media montaña, que nos asombrará pola sua singular beleza e espectacularidade.

O antigo camiño, que ate os anos sesenta constituíu a vía de comunicación para unha ducia de aldeas, lévanos á primeira delas, á aldea de Envernallúas. Alí, xunto aos horreos, balconadas e restos do que foron as pallozas, respiramos toda a maxia e a tristura dunha aldea deshabitada.

            Profundizando no val, temos a oportunidade de achegarnos a distintos elementos etnográficos, como os abundantes cortíns, construccións circulares de pedra que protexían ás colmeas da entrada do oso; ou mesmo as ouriceiras, pequenas construccións dos soutos, feitas para que os ourizos madurasen a salvo do xabaril.

            A ruta transcorre de forma natural ao longo do val, ainda que con continuos cambios de altura.