01 05 20 Lagos de Somiedo (Somiedo) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Somiedo (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Valle de Lago (1.150 m)

ACCESO: Na estrada N- 634, en Cornellana, collemos a que vai a Cangas del Narcea e a dez  quilómetros desviámonos á esquerda pola que vai ao Porto de Somiedo. En Pola de Somiedo, no centro, collemos a estrada que vai a Lago de Valle.                                

HORARIO: 7/8 h               DESNIVEL: 700 m                          DISTANCIA: 18 km            

DIFICULTADE: Media            TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 76 – IV – 77 – I - III

SINOPSE: Esta excursión é unha das máis fermosas do Parque Natural de Somiedo, na que podemos contemplar o lago máis grande do Cordal Cantábrico.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: O punto de partida sitúase na parte alta da aldea de Valle de Lago, no barrio de Outeiro, para seguir en todo momento o camiño que ascende suavemente ata o primeiro lago, o Lago del Valle. Subimos uns catrocentos metros de altitude en seis quilómetros e medio, se ben, hai dous repeitos pronunciados entre o primeiro e o segundo quilómetro. Entre ambas referencias sae unha bifurcación á dereita  que baixa cara ao río o cal cruza pasando xunto a un grupo de cabanas de teito. Podemos coller o camiño que queiramos, (parece ser que o da dereita é o máis atractivo).

      Se seguimos de fronte, aproximadamente a hora e cuarto de camiño, aparece outra bifurcación á esquerda que sube ás Veigas de Camayor as que logo iremos, pero por outro camiño.

       A chegada ao Lago del Valle faise polo norte do mesmo, vemos unha parede que fai de presa e de repente aparece toda a impresionante beleza do lago. Podemos darlle  a volta ao redor se o tempo o permite e nun refuxio xunto a unha cabana de teito chamado Cabaña de Cobrana temos as vistas máis espectaculares do val. Inmellorable sitio para xantar.

     Saímos do lago cara ao norte, aquí espéranos o tramo máis duro de toda a ruta, unha subida que nos levará ás Veigas de Camayor, inmensas, con un montón de vacas pacendo. Logo de pasar varias baixadas e subidas suaves, chegamos a Majada de Cerveiriz, e no fondo desta , está o lago do mesmo nome.

       Baixamos ata o mesmo, se  choveu no inverno, estarán fermosos. Son os lagos de Saliencia xunto con os de Calabazosa e o Cueva ou da Mina, dos caes o máis espectacular é sen dúbida o de Calabazosa.

      Dende o lago de La Mina, subimos ao Alto de La Farrapona, e de aquí, oito quilómetros todo en baixada ata Saliencia, nesta baixada encontraremos unha fonte de augas cristalinas e tremendamente frías.