01 06 16 De Urdón a Tresviso (Tresviso) Cantabria

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

ACCESO: Na estrada N-634, en Unquera, desviámonos a Potes e Fuente Dé.

HORARIO: 5h. 30m. ida e volta.          DESNIVEL: 830 m. de subida, de baixada os mesmos.

SINOPSE: Tresviso é a única aldea do concello de igual nome dos Picos de Europa, o concello máis pequeno da rexión cántabra. A súa situación illada enriba da Garganta de Urdón non permite facer un  acceso a esta aldea dende a provincia á que pertence. Ten comunicación dende Asturias por unha pista asfaltada dende Sotres, os trevisianos vivían nunha incomunicación case total. Ainda hoxe por motivos administrativos, o carteiro ten que facer ista rota que propoñemos cada vez que ten correo para os habitantes do lugar.

            A principios do século XX, explotouse unha mina de zinc cerca de Tresviso, e para sacar o mineral fíxose o camiño de carro do que nos vamos aproveitar hoxe.

            A travesía de Sotres a Tresviso, e despois a Urdón, é un dos itinerarios máis comúns dos Picos de Europa, pero o tramo de Sotresa Tresviso perdeu moito atractivo ao asfaltarse a pista que os comunica; antes era de terra.

            A Garganta de Urdón é unha das mais salvaxes do macizo e o seu descenso ate o fondo esixe unha preparación deportiva e un equipo adecuado, mais o camiño de subida a Tresviso ofrécenos a oportunidade de coñecer o moldeado fluvial nos Picos de Europa.

            O desenrolo da rota é, en algunhos tramos, moi chegado ao despenadeiro coma os lugares de A Bargona e o Balcón de Pilatos onde ademais é fácil poder observar voitres que aniñan por alí ao dispor de comida fácil, pois os pastores tiran por unha canle próxima os restos do gando enfermo.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Partimos da central hidroeléctrica de Urdón que tapona a garganta de lado a lado, pasamos pola dereita da central para cruzar de seguida por unha ponte e tomar o camiño da dereita hidrográfica do río, chegamos a dúas pontes seguidas.

            En poucos minutos abandonamos o fondo da garganta para ascender por un camiño en continuos zigzags por unha canle de paredes totalmente verticais (Canal Cerrosa). Cando xa estamos a unha altura considerable o camiño pasa a outra parede no sitio chamado La Bargona, un auténtico balcón dende o que se ve toda a dimensión da garganta.

            Seguimos subindo ate unha repisa coñecida como La Posa de Ciavedo, lugar onde se descansaba cando este camiño era usado máis a miúdo.

            Logo de aquí, o camiño segue ganando altura en repetidos zigzags limitados á esquerda por  unha impresionante parede e na segunda das revoltas  aparece o Balcón de Pilatos, chamado así por a súa proximidade ao precipicio.

            Unhas cantas revoltas mais arriba e xa podemos ver Tresviso, pero para chegar ate el hai que dar un pequeno rodeo pola parte alta da canle, pásase xunto a unha cabana arrimada á pena na cal existe unha fonte. Atravesamos polo invernal de Prias e chegamos á aldea onde podemos descansar un pouco e probar o queixo picón típico deste lugar acompañado de sidra, para logo emprender o camiño de baixada por onde subimos.

            A volta podemos facela pola canle da auga dende a presa ata a central hidroeléctrica de Urdón.

            Este fermoso percorrido a parte de ser longo, e difícil e moi perigoso debido as alturas polas que temos que pasar por enriba do muro e sen protección na maioría dos casos. E totalmente prohibitivo se o solo está mollado.