04 06 27 Cabezo Lleroso (Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN:  Cabrales (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: La Molina

ACCESO: La Molina está situada a dous quilómetros da estrada AS – 114 de Arriondas Panes preto do Alto de Ortiguero.

HORARIO: 7 – 8 horas             DESNIVEL: 1.400 m. de subida, 1.500 m. de baixada 

DIFICULDADE: Bastante alta, tanto polos desniveis a salvar como pola complexidade do percorrido, sen ningún tipo de camiño en largos tramos. Faise preciso por a funcionar o sentido da orientación.

TIPO DE ROTA: Travesía              DISTANCIA: 14 Km.           MAPA: I.G.N. – 55 – II – 56 – I

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A rota sae da aldea de La Molina e baixa cara a angostura formada pola confluencia do río Casaño e o rego da Voluga. De seguida chegamos a Puente Pompedro deixando a dereita unha ponte de formigón pola que se entra na Garganta do río Casaño, atravesamos outra de pedra, moito mais antiga, e así entramos na Voluga, un pequeno val que se abre a esquerda. O sendeiro empedrado nalgúns tramos pasa dun lado ao outro do regato por rústicas pontiñas. Neste primeiro tramo da Voluga camiñamos a sombra dalgúns castiñeiros e nogueiras.

            O val vaise ensanchando e o camiño comeza a ganar altura facendo varios zigzags pola esquerda cara ao Collado de Pando. Sen chegar a este sitio, torcemos a dereita para remontar un lombo que une un cimbro con o zócalo da montaña. Este lombo remata nun pequeno cume (El Coterón), tras o cal escóndese unha cabana. O camiño bifúrcase antes de alcanzar o cimbro e atravésase por ambas bandas este lombo. O da dereita pasa por un pequeno bosque de acivros.

            Unha vez no Coterón, temos de fronte un forte tramo con desnivel a salvar por unha canle aberta (Los Retraites) e alcanzamos a parte alta dun pequeno val que se deixa de seguida por un cimbro a dereita. Tras pasar este e outro mais que lle segue, entramos nun val mais amplo onde aparecen na ladeira de enfronte as cabanas de La Redondiella. Atravesamos este val pola esquerda para chegar a unha nova lomba, que baixa dende a Cabeza de las Vacas, cume que se ve ao remate do val e tras a cal ocúltase Cabezo Llerosos. Ao atravesar este val, vai quedando outra braña por riba de nos, escondida nun jou próximo (La Braña). O camiño a partir de aquí vaise perdendo pouco a pouco entre folgueiras, segundo entramos no val seguinte. De fronte temos Peña Jascal, o segundo cume do sector. O sendeiro bifúrcase, o ramal da dereita vai a Brañarredonda pero nos seguiremos pola esquerda que nos leva en poucos minutos a Majada de Ceribios.

            Dende esta braña situada a entrada do val que baixa de Cabezo Llerosos vemos o cume desta montaña. Anque parece o mais lóxico remontar o val directamente ata Llerosos, o mais cómodo e interesante e pasar pola Vega de Jascal. Para iso temos que subir algúns metros polo fondo do val e comezar de seguida a ascensión da ladeira da dereita, xusto por riba dunhas rochas que chaman a atención pola súa cor branca. O camiño agora case inexistente sube en zigzag, pasando xunto a un cubil, algo mais enriba entramos nun pequeno jou de fondo rochoso que se flanquea pola esquerda e así acadamos un cimbro ocupado por varias cabanas.

Estamos na Majada de Jascal e ao outro lado atópase a veiga do mesmo nome, no fondo dunha gran depresión cerrada por altas paredes verticais. Polo medio corre un regato que se sume ao pé do cimbro onde se sitúa a majada. A Peña Jascal presenta por esta vertente a súa cara mais inaccesible. Antes de seguir convén encher as cantimploras na fonte xa que non hai mais auga ata Ondón.

 Remontamos a depresión en toda a súa lonxitude para saír no seu extremo oriental a un campo de llastrales que se cruza directamente cara a Cabezo Llerosos. O cume acádase sen dificultade pola lomba rochosa do seu lado norte.

            Unha vez no cume temos un punto xeodésico e un buzón de cumes, aproveitaremos para identificar os cumes que divisamos no Macizo Central e Occidental.

            Agora toca baixar pola lomba E. Por un terreo rochoso, desviándose pouco despois a esquerda para chegar a un cimbro. Ao outro lado vemos a Majada Beceña, no fondo dun jou lonxitudinal e con unha charca no medio.

            Atravesamos esta braña e saímos polo lado oposto, temos outros dous jous de fondo rochoso. Unha vez pasado o terceiro jou trataremos de seguir o rastro dun estreito sendeiro que traspasa a lomba da esquerda por un pequeno cimbro. Chegamos así a unha angosta canle paralela a anterior. Baixamos directamente por un camiño xa mais marcado que percorre a canle ata desembocar en Ondón.

            A paraxe na Majada de Ondón e do mais fermoso de todo o macizo. As cabanas están perfectamente conservadas con o Cares debaixo e os cumes mais altos do Macizo Central de fronte.

            Continuamos a baixada atravesando a ampla ladeira que queda colgada sobre o río Cares. Temos que seguir por un camiño que chega case horizontalmente ao extremo oriental desta ladeira. Alí sitúase un lombo cuberto de herba que nos ofrece unha nova perspectiva das caídas de Amuesa. Tamén vemos o val do Duje perfectamente dende esta posición.

            A esquerda comeza a baixada de unha longa e fermosa canle (Canal de la Bobia), que en continuos zigzags descende ata Puente Poncebos o cal vemos dende o mais alto da canle.

            A media canle pasamos xunto a unha cabana (Casa Esmenadorio) e algo mais abaixo, tras un pequeno cimbro entramos nunha canle secundaria (La Brava). Alí preto atópase unha fonte con o mesmo nome. Seguimos baixando e vamos atopando mais cabanas e a vexetación vai aumentando progresivamente. O camiño pasa xunto a unha gran cavidade na parede da esquerda da canle. De alí parte unha antiga armadura de pedras ainda en bo estado. Este aéreo paso conduce sobre un bacío impresionante a Espuga e outras brañas hoxe abandonadas. Seguimos a baixada ata o Mirador do Naranjo de Bulnes en Camarmeña. Atravesamos a aldea e baixamos a Puente Poncebos por un camiño debaixo do miradoiro.

            E aquí remata esta fermosa travesía que representa un chanzo anterior cara ao montañismo. Todos cansos, uns mais ca outros todo hai que dicilo, pero ledos por haber rematado esta rota tan fermosa e montañeira.