04 08 29 Os Arrudos (Caso) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada que vai ao Porto de Tarna AS-17 ate a aldea de Caleao.

HORARIOS: Nivel Baixo: 5 h.                      Nivel Alto: 8 horas.

TIPO DE ROTAS: Nivel Baixo: Ida e volta    Nivel Alto: Circular

DESNIVÉIS: Nivel Baixo: 400 m.                 Nivel Alto: 1.000 m.

DISTANCIAS: Nivel Baixo: 14 km.              Nivel Alto: 23 km.   

MAPAS: I.G.N. – 79 – I – II                 

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Nas aforas de Caleao (685 m) está o punto de partida desta rota que aparece sinalada nun panel indicativo a esquerda da estrada de acceso, xunto a un bebedeiro para o gando e unha caseta. Alí comeza unha pista asfaltada a man esquerda que cruza un pequeno regato e ascende un quilómetro ate unha área recreativa. No remate do aparcamento desta área recreativa temos a pista, que xunto a unha capela, baixa cara a canle do río, entre formigón e terra pero sempre con bo firme.

            Baixamos durante un quilómetro entre verdes pradelos por unha paisaxe bastante grata, aparecendo pola dereita unhas cabanas afastadas que pertencen a braña de Río Fresno, a que se pode acceder por un sendeiro que sal pola dereita. Pouco despois chegamos a canle do río e a unha ponte sobro do mesmo que a de situarnos ao outro lado, na vertente dereita do val.

            A pista continúa pola beira do río e diríxese ao que parece un  estreitamento entre dúas penas chamadas Pico La Corona e Peña Rosques. Non tardamos moito en atravesar esta pequena garganta na que no medio teremos que volver a cruzar para pasar a vertente esquerda do val. Na maior angostura da garganta atoparemos unha fonte con un fermoso nome: Fuente de Agua de Maio que decide o remate da garganta.

            Repentinamente aparece unha ampla veiga poboada de verdes praderías, pola dereita baixa o regato chamado Coto, que acaba desembocando no río principal xunto a unhas cabanas que compoñen a braña de Fresnedo ou Coto Fresnedo onde  podemos facer unha parada para descansar.

            Nesta braña sae un camiño a dereita máis nos non debemos abandonar a pista principal, que de seguido cruza as augas do río para internarse pola vertente dereita do val. Uns metros máis adiante atopamos unhas poucas cabanas que conforman a braña de Las Campas, onde aparece a bifurcación máis importante da rota: unha encrucillada de pistas onde debemos optar polo camiño dereito. Uns metros de cómoda baixada permitirannos acadar o regato de La Romada que poucos metros despois desauga sobro do curso principal do Arrudos, e cruzar por unha nova ponte.

            Despois deste momento o camiño intérnase cara a garganta por un val xa máis angosto, camiñaremos debaixo dunha fermosa arborada autóctona achegándonos pouco a pouco a canle do río ate discorrer pola mesma beira dereita, xa nos falta pouco para mirar de fronte as primeiras paredes verticais do que parece un desfiladeiro. Unha ponte de madeira aparece xustamente por debaixo, chamada Puente Fuminosa onde un cartel indicativo nos indica as características e o empezo da garganta.

            Tras repousar un anaco, empezamos a subir polo desfiladeiro. A ponte de madeira sitúanos na marxe esquerda do río e enfróntanos con un tramo de  subida moderada. Un sendeiro aparece pola dereita, máis o noso camiño non se aparta da garganta. Poderemos escoitar o estrépito da auga e ollar as fervenzas e saltos dende as rústicas pontes de madeira de a Calabaza de Arriba e a Calabaza de Abajo. Logo meterémonos pola parte alta do desfiladeiro, aproveitando un tramo fermoso pola súa pendente pronunciada e empedrada de grandes laxas que os pouvanos coñecen como La Escalerona. A parte derradeira  da garganta forma un paso estreito que serpentexa entre as rochas, con grande desnivel onde as auga do río se  perden no fondo.

            Atopámonos na antesala dunha bagoada, rodeada de praderías e árbores chamada El Colladín. O río Arrudos recibe as augas do regato chamado La Robre, e neste lugar podemos  ver tamén a traída de augas que abastece a cidade de Xixón.

            Aquí, que queira pode dar a volta para recorrer o mesmo camiño ata Caleao.

Quen escolla a rota de nivel alto, ten que seguir o sendeiro que sube o val de La Robre para tomar auga nunha fonte moi preta do sendeiro chamada La Fuentona. Alí podemos descansar cos altos cumes de Forcada, Valmartín e Contorgán ao fondo.

O camiño continua o ascenso e atravesa o frondoso faiedo de Los Arbellaos, o remate do cal sitúase a braña de Roxecu, na que quedan algunhas cabanas derruídas. Tras atravesar o río, comeza a subida de algo mais de un quilómetro e medio que nos conduce a majada de Llede, primeiro e de Los Moyones, despois, onde podemos efectuar outra parada e coller auga nunha fonte alí existente.

            O camiño continua subindo entre prados de alta montaña e despois de atravesar unha pequena zona de escobas, lévanos a Collada de Ubales, punto mais alto de esta rota. Agora podemos gozar de magníficas vistas da veiga de Brañagallones, e os cumes de Cantu de Osu, Tiatordos, e incluso algúns do Macizo Occidental de Picos de Europa.

            Dende o mesmo cimbro, un camiño a dereita lévanos ao Llagu Ubales, no que habitan varias especies de anfibios, entre eles o tritón alpino e o ibérico.

            Despois de volver ata a Collada de Ubales polo mesmo camiño, comezamos a baixar cara a majada de Carbaza, onde a rota entronca co antigo Camín de Castilla, que antano foi moi usado polos arrieiros casinos.

            O itinerario prosigue a esquerda por dito camiño, chegando comodamente a Collada de la Canalina e tras esta a de Pandu Vallegu, sitio onde non será raro disfrutar da vista de algún rabaño de rebezos, frecuentes nesta zona.

            Agora solo nos queda baixar ata as cabanas de Pasaoriu e por ancho camiño acadar Infiesta, fermosa aldea e remate desta excursión.