04 10 09 Senda do Arcediano (Amieva) Asturias (Sajambre) León

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Amieva e Sajambre (Asturias e León)     

ACCESO: O comezo da rota está en S. Juan de Amieva a onde se chega dende a estrada que sobe ao porto de O Pontón.

HORARIO: De 5 a 6 horas                      DESNIVEL: 900 m de subida e 550 de baixada

DIFICULTADE: Media              DISTANCIA: 13 km                   TIPO DE ROTA: Travesía

SINOPSE: A Senda do Arcedianoera unha das importantes vías de comunicación que descorrían a considerable altura por riba das gargantas o que as facía impracticables en tempo de neve.

            A Senda do Arcediano chámase así en memoria do seu constructor, evitaba a través da Serra de Beza a entón impracticable Garganta de los Beyos. Este paso era probablemente unha vía de comunicación durante a dominación romana, mais foi a partir do século XVII cando se ten constancia da súa existencia.

            Pedro Díaz, entón Arcediano de Villaviciosa e orixinal de Oseja de Sajambre, realizou importantes melloras neste antigo camiño de ferradura. Este popular personaxe fundou ademais unha hostería no lugar de Sabugo, onde se daba refuxio aos viaxeiros que se aventuraban nesta rota.

            O camiño parte de Amieva e chega ata Soto de Sajambre atravesando as fermosas praderías de Angón e os Puertos de Beza, dende onde se contempla unha magnífica vista das canles que baixan do Cornión, e a cunca media e alta do Dobra así como a Cordilleira Cantábrica.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos de Amieva pola pista de cemento que sen complicación algunha nos leva ata o Collado de Angón. Aquí collemos un desvío a dereita que vai subindo sinuosamente pola Cuesta del Gargaral con rumbo sur.

            O camiño segue polas brañas de Las Torgues e Cuerres, cuxas cabanas esténdense ao longo do empedrado camiño. Así paseniño vamos collendo altura por riba do val do Dobra, avistando os releves dos altos cumes que coroan a cabeceira do val.

            Mais adiante acadamos a Majada de Sabugocon as súas cabanas espalladas pola veiga con unha excepcional balconada cara aos cumes do Cornión. Neste sitio existiu unha capela e un albergue para camiñantes.

            O camiño sempre subindo sitúanos agora na Majada de Toneyo, ampla veiga de boas pradeiras e cuxas cabanas agrúpanse debaixo do estribamentos do agreste Pico Porra de Valdepino, agulla dominante do quebrado paisaxe do desfiladeiro dos Beyos.

            Baixo a muralla de Cantu Cabronero o camiño describe unhas custosas revoltas, o remate das cales o rumbo fixa dereito cara ao muro que deslinda a divisoria administrativa de pastos de ambas comunidades.

            Estamos no lugar coñecido como a Portillera del Tarambico con unha porta de ferro que temos que cruzar para así proseguir o camiño que a partir de agora avanza por terras leonesas cara ao Puerto de Beza.

            Dende este punto, todo o que queira pode acometer a subida a Cantu Cabronero a través da Canal de Misa.

            Dende o citado Puerto de Beza, o camiño tórnase todo costa abaixo para levarnos de seguida a Los Collaos e por unha pista en varios zigzags vainos achegando a unha antiquísima ponte de pedra que atravesa a Riega de los Barrios e seguindo con varias reviravoltas déixanos en Soto de Sajambre.