04 11 07 Frouseira – Pico do Cuco – Coba do Demo (Illano e Boal) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

PUNTO DE PARTIDA:  Cruce da entrada a aldea de Frouseira.

ACCESO: A este cruce chégase pola estrada AS – 12 que vai de Navia a Grandas de Salime, a uns 32 km de Navia.

HORARIO: De 3 / 6 horas                                      DESNIVEL: 340 / 630 m     

DISTANCIAS  APROXIMADAS: 8 / 16 km

DIFICULTADE: Baixa ou Media             TIPO DE ROTAS: Circulares

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota que nun principio estaba prevista como unha travesía dende a aldea de O Pato ata Frouseira, vímonos na obriga de trocala por estar parte do camiño intransitable, debido a maleza, por iso optamos por facer o comezo desta camiñada preto de Doiras, na bifurcación que da entrada a aldea de Frouseira.

     A rota está perfectamente sinalizada, non temos mais que fixarnos e non teremos perda en ningún momento. Comezamos a camiñar pola pista a bastante altura da marxe esquerda do río Urubio durante uns dous quilómetros onde remata o asfalto. Durante este traxecto, aínda que por pista asfaltada temos fermosas panorámicas do val de Frouseira, así como tamén do Pico do Cuco e o bosque que temos enfronte, que imos atravesar este día. Remata o asfalto para dar paso a un camiño que nuns cincocentos metros atravesa o río por unha ponte de formigón. Os castiñeiros, amieiros, madroñas e árbores de ribeira están presentes, así como os seus froitos silvestres. Seguimos este camiño de bo trazado que nos vai levando a carón do río. Atopamos un indicador da Cova do Demo. Que se decida pola opción fácil, pode subir a cova dende este punto e facer a baixada polo mesmo camiño. Os que decidamos facer a rota enteira, que creo que seremos todos, seguiremos de fronte pola pista, a nosa dereita e moi por riba queda aldea de Vilar de San Pedro, logo xiramos a esquerda para enfrontarnos a única subida deste día que nos pode ocupar  un pouco mais de unha hora.

            Esta pista, pasa por debaixo dunha frondosa vexetación de castiñeiros do monte Lanteiro, onde temos que ir superando o desnivel en cómodos zigzags. O camiño vai perdendo a frondosidade pouco a pouco pero en cambio e grazas a altura que vamos ganando melloran as panorámicas. Xa pouco nos queda de subida,  o camiño xira a esquerda agora con menos pendente, así chegamos a unhas cabanas no medio duns piñeiros, sitio agradable para descansar e se queremos dar conta do xantar. Os interesados/as na micoloxía, ben poden dar unha volta a procura algún cogomelo. Dende esta posición, vemos cara  ao noroeste o Pico do Cuco, (763 m) que non debera ter ninguén ningún inconveniente en subilo, se o día o permite, porque dende o seu modesto cume poderemos apreciar moitas aldeas, parte do encoro de Doiras, e outros cumes veciños como o Gargalois ou o Carondio.

Estamos no punto mais alto do recorrido, agora comezamos a baixada a Cova do Demo. Os pinos son a vexetación dominante nesta parte da rota, vamos deixando as cerrumes de pedra dos prados a dereita, logo hai un tramo moi pechado pero que pasamos sen complicación, o camiño pasa por enriba duns penedos onde temos unha bifurcación. Collemos a esquerda, primeiro a carón dunha parede, para baixar a unha pista que foi desbrozada recentemente onde xiramos a esquerda, logo uns poucos metros mais adiante abandonámola por un sendeiro que sae a dereita. O camiño está perfectamente marcado e non da lugar a extravíos, porque ademais das marcas de pintura, temos referencias de cintas colgadas cada pouco nas árbores. Atravesamos un regato e un pouco mais adiante aclarea o arboredo. Chegamos a un indicador que nos sinala que a poucos metros existe unha vista panorámica e dende logo leva razón.

A partir de aquí, a vexetación muda de piñeiros a castiñeiros, primeiro temos un tramo de baixada moi pronunciada onde non existe sendeiro. Debemos fixarnos nas cintas que están colgadas e non teremos dúbida algunha.

Así chegamos a cova, a cal nos queda un pouco a dereita. Este é un burato natural aberta entre rochas de cuarcita, con unha profundidade de mais de 15 m e unha altura en algúns puntos da bóveda de 8 m Está situada nos estribamentos do Pico do Cuco, a uns 450 m sobre o nivel do mar. E a única cova de arte rupestre que existe no Occidente de Asturias. As pinturas están distribuídas pola cova en cinco espazos diferentes. O conxunto mais numeroso atópase na parte esquerda, quizais por tratarse da zona mais lisa e ampla para o soporte das pinturas. A cor utilizada e a vermella, aínda que con distintas tonalidades debido a acción de axentes externos (auga, desprendementos de partículas, humidade ...). Os temas representados agrúpanse en tres conxuntos: os antropomorfos (figuras humanas), os zoomorfos (representacións de animais) e un terceiro difícil de identificar. Estilisticamente pertencen ó arte rupestre esquemático e a súa data cronolóxica fíxase a finais da Idade de Bronce, entre o 1.500 e 1.100 anos a. de C.

Actualmente a cova permanece pechada para evitar o vandalismo.

            O camiño segue despois da cova primeiro en chan e logo en forte pendente ata a beira do Urubio onde collemos un tramo da pista que trouxemos antes, só que agora non imos cruzar pola ponte de formigón pois colleremos un sendeiro que sae a dereita, a mesma beira da ponte. Este camiño vai levarnos por riba duns prados, sempre metidos no medio dos frondosos castiñeiros ata a aldea de Frouseira a cal podemos baixar xunto a un indicador que así o describe. En Frouseira, sempre co permiso dos donos, podemos visitar o muíño e a antiga ferrería. A casa da Ferrería é ademais, unha das poucas que ainda fan viño e augardente tradicionais da zona.

Logo retornamos ao noso itinerario, que segue polo medio da espesura, pasando xunto as ruínas dunha casa, onde poderemos ver un montón de castañas polo chan. Este camiño ben marcado, sen perda algunha, vai levarnos pola marxe dereita do Urubio, por debaixo dunha impresionante parede de rocha, ata unha ponte situada na estrada de NaviaGrandas de Salime