12 02 19 Pico Redondo (Teverga e Grado) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Grado Teverga ( Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de San Lorenzo (1.349 m)

ACCESO:En Cornellanacollemos a estrada de Cangas del Narcea ata Puente San Martín e aquí en dirección ao Puerto de Somiedo. En La Riera desviámonos cara a o Puerto de San Lorenzo onde comezamos a rota.

HORARIO:4/5 horas           DESNIVEL: 386 m de subida / 530 m de baixada

DISTANCIA: 14 km           DIFICULTADE: Baixa           TIPODERUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 51 – IV – 52 – III – 76 – II

SINOPSE: Aínda que este tramo do Camiño da Mesanon ten as vistas tan espectaculares como o de Torrestío ao porto de San Lorenzo, sucédense fermosos recunchos cara aso vales de Montovo ou Cubia. Na veiga de Cueiro, os veciños acostuman a celebrar unha romaría anual e o pico Redondo depáranos fermosas vistas dunha paisaxe batuxada de numerosas brañas.

DESCRICIÓN DA RUTA: No porto de San Lorenzo, collemos o Camiño da Mesa en dirección norte. Este era un antigo camiño romano que comunicaba León con Asturias. A pista sae do porto con suave pendente pola ladeira, entre matogueiras de piorno e monte baixo, tendo de seguida a fonte La Verde, onde podemos coller auga. O camiño segue por un costo sendeiro de pedra solta que nos leva ata o Alto de la Casa, situada debaixo de Peña Caspo, para logo encaixarse ata o lugar de La Tartulla, un pequeno cimbro situado entre os picos La Mirandiella e Pico de la Abeja.

      Pola dereita temos a braña de Orderías e logo o lugar de La Celada, nun camiño de suaves pendentes tapizado de espeso piornal. Pola esquerda podemos ver as cabanas da braña de Braniella e de Vega de Irós.

      Así chegamos a o fermoso lugar da Veiga de Cueiro, sitio moi apropiado para un descanso xunto as ruínas da antiga venta e capela mentres observamos as terras dos concellos de Belmonte, Somiedo e Teverga.

      Neste lugar, collemos un camiño pola dereita onde, aos poucos metros temos unha bifurcación. Seguimos agora pola esquerda o camiño de bo andar, por riba da Vega de Prados, que nos achega á base do Pico Redondo. Subimos pola ladeira meridional por camiño mesturado de herba e matogueira encumándonos no cimbro de Artera (1.320 m) dando vista a unha charca. Agora remontamos pola suave encosta calía chegando así ao vertixe xeodésico de Pico Redondo (1.414 m).

      Baixamos desta montaña cara ao norte e xirando lixeiramente á dereita ata entroncar co chamado Camiño Francés o cal seguimos ata a braña de Vicenturo onde enlazamos coa pista que baixa a Urría pasando pola braña de La Conca.