25 04 19 TRILHO ENTRE AMBOS-OS-RÍOS - ERMIDA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Nacional Peneda-Gerês (Ponte da Barca) Portugal

PUNTO DE PARTIDA: Igrexa de Entre Ambos-os-rios (105 m)

ACCESO: Desde Ponte da Barca pola N – 203  e logo pola CM – 1348. (12 km desde Ponte da Barca)

HORARIO: 5/6 horas                    DESNIVEL: 700 m              DISTANCIA: 16 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Igrexa de Entre Ambos-os-rios (105 m)               

COTA MÁXIMA: Miradoiro da Ermida (536 m)

MAPAS: Parque Nacional da Peneda-Gerês (Adventura Maps) Escala: 1:50.000

Viana do Castelo / 30 - Entre Amos-os-Rios (Ponte da Barca) Escala: 1:25.000

Centro de Informaçao Geoespacial do Exército

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Partindo da igrexa de Entre Ambos-os- rios camiñamos pola estrada asfaltada en dirección a Froufe uns cincocentos metros para coller a rúa da Devesa, un camiño empedrado que aparece pola esquerda.

            Atravesamos Froufe de sur a norte pasando xunto á capela de Santa Bárbara logo da cal, collemos á esquerda deixando as últimas casas. Temos unha ponte para atravesar e por debaixo dela está o Poço de Froufe. Seguindo o trilho comezamos a subir gradualmente para entrar nun bosque de carballos onde están presentes muros de pedra e currais e o son do río Froufe é unha constante.

            Máis adiante volvemos a cruzar o río por unha ponte preto do lugar de Lourido onde se pode acurtar esta camiñada e baixar polo outro lado do trilho. Nós continuamos a camiñada en dirección á Ermida distante uns tres quilómetros. Entre muros e bosque seguimos para atravesar pola ponte Ribeiro de Carcerelhe (156 m) .

            A partir de aquí a subida faise máis pendente seguindo unha antiga calzada cun trazo moi fermoso e non tardamos en chegar á Ermida onde podemos ver campos de cultivo en socalcos nesta típica aldea serrán e unha das máis illadas do parque.

            Aquí comezamos a seguir parte do GR 34 para chegar ao miradoiro da Ermida, punto máis alto deste percorrido (536 m) e cunhas vistas fermosas e extensas. A partir do miradoiro comeza a baixada pola estrada en dirección ao Poço Negro (Cascata da Ermida). Na baixada as vistas son para cortar o respiro, parte da Serra Amarela de fronte e con o camiño ben delineado podemos ver ao lonxe cara a onde vamos a seguir. 

            Chegando ao pozo hai un carreiro para baixar ata el e ver a fervenza. Enfronte ao pozo temos un carreiro estreito polo que seguimos onde a paisaxe segue a ser espectacular, onde os desfiladeiros do río Carcerelhe con as súas pozas chaman a atención.

            Logo da derradeira subida do percorrido vamos baixar en dirección a Lourido e despois de Lourido ate Entre Ambos-os- rios. Aquí o camiño xa é por pistas de terra e camiños forestais, a parte máis fea desta camiñada.