25 04 17 DE LINDOSO A PARADAMONTE

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA CURTA

POLO PENEDO DO ENCANTO

GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Freguesías de Lindoso, Parada, Cidadelhe e Britelo (Ponte da Barca) Portugal

PUNTO DE PARTIDA: Lindoso (440 m)

ACCESO: Desde a A – 52 en Ourense, coller a AG – 31 que remata no sur de Celanova. Logo seguir pola OU – 540 ata a fronteira con Portugal. Logo seguir pola N – 203.

HORARIO: 4 h                             DESNIVEL:  + 330  m / - 530        DISTANCIA: 13  km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Paradamonte (225 m)       COTA MÁXIMA: Saída de Lindoso (506 m)

MAPAS: Parque Nacional da Peneda – Gerês (Adventure Maps) Escala: 1:50.000

Viana do Castelo / 17 - Lindoso (Ponte da Barca) Escala: 1:25.000

Centro de Informaçao Geoespacial do Exército

SINOPSE: Esta camiñada segue en sentido contrario o GR – 50 PenedaGerês. Destaca a poboación de Lindoso debido a súa importancia histórica e monumental con o núcleo constituído por o castelo medieval, cruceiro, eira comunitaria e o conxunto de 67 cabazos ou espigueiros. Tampouco debemos deixar de apreciar a típica arquitectura e as súas rúas.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte da estrada N - 203 – 1 enfronte ao café Vilarinho benpola pista que sobe ao núcleo urbano ou collendo o primeiro ramal que aparece pola dereita. Calquera das dúas opcións an de levarnos xunto ao castelo e os espigueiros catalogados como Monumento Histórico, de obrigada visita.

            Buscamos unha pequena praza cun cruceiro e seguimos o camiño dando as costas ao castelo e espigueiros dirixíndonos cara á igrexa de Lindoso. Deixamos a igrexa á nosa esquerda para entrar no núcleo superior de Lindoso, pasando máis adiante xunto á fonte da Lamela (450 m) saíndo logo do núcleo urbano. Logo dunha pequena subida, desde o camiño temos unha boa panorámica de Lindoso con o castelo e os espigueiros. Este é o punto máis alto do percorrido (506 m).

            Comezamos a baixar para cruzar o rego de Parada de Lindoso e entrar na poboación de Parada. Á entrada temos unha fonte e a eira da Portela da Leija (382 m) onde podemos ver outro conxunto de espigueiros. Agora xiramos á esquerda para seguir pola rúa central desta poboación onde pasamos xunto á Tasquinha das Delicias e as casas do Tribunal e a Priçao do antigo concello de Lindoso.

            Xa saíndo do lugar temos a fonte e lavadoiro da Eira de Tapado e un novo conxunto de 21 espigueiros xunto aos cales deixamos esta poboación. O camiño agora  vai en dirección sur para atravesar o rego pola Pontella do río da Ponte logo da cal xiramos en dirección norte pasando xunto á pequena fervenza do Poço da Gola.

            O camiño xira ao oeste en suave pendente ata a cota de 463 m logo da cal baixa cruzando o rego por unha ponte ata a parte superior de Cidadelhe. Seguimos en dirección oeste para entroncar coa estrada que vai a Mosteirô onde collemos á esquerda para seguir un tramo por ela. Á nosa dereita aparece unha finca de viñedos e a capela de Nossa Senhora da Penha e unha área recreativa con fermosas vistas. Un pouco máis adiante nunha explanada cun cruceiro no medio, seguimos de fronte, á nosa esquerda, queda o cemiterio logo do cal, abandonamos a pista collendo pola dereita o camiño sinalizado en dirección a Soajo, que vai xunto á liña eléctrica.

            Pasamos o rego no lugar da Poça de Mosteirô e unha zona con eucaliptos en dirección suroeste ata que o camiño xira á dereita para baixar a Paradamonte. O camiño deixa á esquerda a represa para chegar á N – 203  xusto enfronte ao café Pires

             

            Penedo do Encanto (4 km engadidos á ruta)

 

            O Penedo do Encanto que contén unha serie de petroglifos datados da Idade de Bronce, testemuña da presenza da humanidade en tempos antigos situado nunha fermosa carballeira.

            Logo de saír de Parada e pasar xunto aos espigueiros, antes da Pontella temos unha desviación á esquerda que nos leva ao Penedo do Encanto. O camiño en tramos fermoso e empedrado achéganos ao Penedo do Encanto logo de desviarnos un tramo pequeno do camiño. De novo volvemos ao camiño para seguir xunto ao rego que cruzamos por unha ponte de pedra o Ribeiro das Mulas.

            O camiño segue ata unha bifurcación con a ruta dos Moinhos de Parada onde xiramos á esquerda pasando xunta as ruínas dun muíño. Atravesamos o rego por unha pontella para camiñar agora por terreo descampado. Camiñamos subindo levemente ata a Ribeira do Pozo do Inferno e comezamos a baixar ata entroncar coa ruta anterior.