25 01 18 ÍNSUA DE SEIVANE

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Outeiro de Rei (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Santa Isabel

ACCESO: Ata Outeiro de Rei pola A‐6 ou N‐VI; dende Outeiro collera estrada local dirección Robra, cruzamos a ponte do Piago e chegados a Martul, collemos á esquerda pola estrada provincial LU‐3908, ata atopar un desvío a man esquerda sinalizado como Insua de Seivane.

HORARIO: 5/6 horas                        DESNIVEL: 150 m                DISTANCIA: 18 km

DIFICULTADE: Baixa                       TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular

COTA MÍNIMA: 380 m                    COTA MÁXIMA: 400 m

MAPAS: I.G.N. – 72 – II – IV

SINOPSE: A Ínsua de Seivane, tamén chamada Ínsua do Pazo ou de Arriba está formada no leito do río Miño dentro dun espazo natural protexido de alto valor ecolóxico e medioambiental que forma parte da zona núcleo de Reserva da Biosfera Terras do Miño e da Zona Especial de Conservación (ZEC) PargaLadraTámoga.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na zona de lecer de Santa Isabel de Outeiro de Rei por un carreiro que se achega ao río Miño cruzando toda a área recreativa. Ao pouco atopamos unha ponte de madeira pola que cruzamos unha canle de auga logo da cal podemos ver onde se xunta o río Ladra con o Miño. De seguida temos outra ponte de madeira que volve a atravesar a mesma canle seguindo uns metros preto do río ata que o carreiro se vai afastando do río.

            Atravesamos o río Pequeno por outra ponte de madeira pola zona da aldea de Robra e saímos á estrada asfaltada na que collemos á dereita. Máis diante temos unha derivación á dereita cara ao salto do Piago. Esta construción de pedra é un caneiro ou pesqueira que se usaba sobre todo para a pesca da lamprea e tamén serve para abastecer unha pequena central eléctrica.

            De volta na estrada asfaltada seguimos o camiño cruzando o Miño pola ponte da estrada. Do outro lado, pola esquerda, temos un carreiro que seguimos agora con o río á nosa esquerda ata a ponte colgante de Parada.

            Esta ponte da aceso á illa de Seivane que podemos recorrela por un carreiro que a circunvala dun quilómetro e medio. Neste lugar existe unha caseta de pescadores e unha área de lecer.

            Logo da visita á illa seguimos a camiñada pola beira do río ata o río Narla onde collemos á dereita saíndo á pista asfaltada no lugar de Parada. Logo de cruzar o río Narla collemos é esquerda pola estrada LU-234  que nos achega de novo ao río Miño que cruzamos máis adiante pola ponte de Hombreiro. Axiña chegamos a unha bifurcación de estradas en Bocamaos onde collemos un camiño á esquerda entre dous muros de bloques de formigón. Un pouco máis adiante temos unha cancela que deixaremos pechada e o camiño vai de novo cara á beira do río. Camiñamos agora río arriba pasando pola parte traseira do Parque Zoolóxico de Marcelle que nos queda á dereita e a insua de Seivane á esquerda.

            Pasada a illa acadamos de novo a estrada pola que seguimos en dirección contraria por camiño agora coñecido ata a área de Santa Isabel.