24 10 19 FOCES DO RÍO PINO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Aller (Asturias) PUNTO DE PARTIDA: El Pino (630 m)
ACCESO: A Felechosa chégase pola estrada AS – 253 que sae de Ujo en dirección a San Isidro.
HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 860 m DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta
COTA MÍNIMA: Ponte sobre o río San Isidro (620 m) COTA MÁXIMA: Braña Caniecha (1.500 m)
MAPAS: I.G.N. – 79 – I - III
NOTA: Nesta ruta cada quen pode escoller o sitio para dar a volta, sabendo que o regreso é polo mesmo camiño.
SINOPSE: Debaixo das enormes paredes de Peña Redonda e a Panda sitúanse pintorescos vales por cuxos camiños se poden facer fermosos paseos. Aquí hai cabida para estratéxicas brañas situadas dende os recunchos máis agrestes ata Caniecha, sempre entre o rápido descorrer das augas dos regatos, bosques ao amparo das montañas e campeiras encaixadas e socalcadas polos agrestes paraxes deste territorio.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina na estrada AS – 112 á altura do restaurante Les Foces en El Pino. Cruzamos a poboación polas rúas onde podemos observar as casas e horreos do lugar. Vamos en dirección á ponte sobre o río San Isidro para seguir por unha pista que nos vai levar ao Molín de Peón (660m) antes pequena central eléctrica, hoxe un centro de alevinaxe de troitas. Aquí bifúrcase o camiño onde seguimos pola esquerda que conflúe cono da dereita no comezo das foces. Cruzamos o río San Isidro seguindo as sinais do PR AS – 31 Ruta de Las Foces del Río Pino - Foces del Río Aller.
Durante un par de quilómetros vamos subindo por un camiño moi cómodo á sombra do bosque. Pasamos xunto ás cabanas espalladas a un e outro lado do camiño, destacando as praderías de Cobesi (808 m), fonte de Las Gavilanceras (820 m) e Los Pranones (826 m) cunha cabana en ruínas e un fermoso exemplar de teixo.
Desde aquí, podemos ver ao poñente, o pico Cueto, último cume do cordal de Las Fuentes de Invierno, polo oeste Peña Mea e as Peñas Negras polo norte.
Por terreo chan chegamos as Foces (933 m) onde remata a pista. A primeira ponte métenos no desfiladeiro por onde baixa o río entre pozas e pequenas fervenzas. Logo de cruzar unha segunda ponte chegamos ao remate das foces no lugar de El Posaero (985 m) onde unha sinal nos indica a dirección ao Collado Caniecha, e outra a Peña Redonda que xa podemos comezar a ver desde esta posición.
Agora deixamos a variante P.R. AS – 31 – 1 a nosa esquerda para seguir subindo polo camiño de orixe romano do val de Caniecha. A subida aínda que custosa, deposítanos na braña de Caniecha (1.500 m), con varias cabanas e unha fonte, debaixo dos derrubes da Cabritera e Peña Redonda, ambas separadas polas campeiras de Caniecha.