24 09 21 FRAGAS DE SAN XOÁN DE RÍO E PENA FOLENCHE

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR
         

 

SITUACIÓN: Concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: San Xoán de Río (880 m)

ACCESO: Desde Ribas de Sil pola estrada L U - P - 5301

HORARIO: 4/5 h                DESNIVÉIS: 350 m de subidas / 465 m de baixadas       

DISTANCIA: 14 km            DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte Navea (670 m)     COTA MÁXIMA: S. Xoán de Río (880 m)

MAPA: I.G.N. – 189 – IV

SINOPSE: Algúns castiñeiros que veremos no camiño son xa centenarios, un patrimonio natural digno de admirar e conservar para xeracións futuras. As castañas ocupaban na gastronomía galega o lugar que hoxe lle corresponde as patacas chegada de América fai menos tempo da idade dos castiñeiros máis singulares.

            Aínda que non é tan apreciada como antano, a castaña é un eixe puxante da industria artesanal, sobre todo en zonas do interior de Galicia como é este.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no centro de San Xoán de Río, collendo a rúa que baixa á Fondo de Vila. Aquí temos un cruce onde un indicador indica Ruta da Fraga. Seguimos esa indicación cruzando A Alenza e camiñando pola pista sen coller ningún ramal ata que levamos un quilómetro e medio. Neste punto xiramos á dereita para baixar cara ao rego Lentellas (680 m).

            A partir de aquí comeza a subida pola fraga de Domecelle entre carballos e vellos castiñeiros. Temos o miradoiro da Fraga de Domecelle (720 m) chegando a Leiras Longas, punto máis alto desta parte da ruta (820 m).

            A partir de aquí comeza a baixada na que a aldea de Mouruás queda á nosa dereita e máis adiante pasamos polo souto de vellos castiñeiros de As Sacedas e acadando a estrada xeral, na que xiramos á esquerda para camiñar uns metros por ela, abandonándoa de seguida no Miradoiro de Ponte Navea.

            Cruzamos o río Navea pola antiga ponte medieval e camiñamos por diante da deshabitada aldea de Ponte Navea onde aínda podemos ver a ermida da Encarnación.

            Agora comeza a subida ata o lugar de Marxas onde entroncamos con o sendeiro de pequeno percorrido de Os Sequeiros, lugar que aparece un pouco máis adiante, con construcións que servían para o secado das castañas, encravado nun fermoso souto con antiquísimos castiñeiros.

            O camiño segue xirando amplamente á dereita para entrar en Pena Folenche (870 m) onde existe un espectacular miradoiro.

            A partir de aquí, a camiñada é por estradas asfaltadas ata A Pobra de Trives (745 m) distante uns tres quilómetros e medio.