24 05 18 A DEGRADA - DEVA - O PANDO - RÍO DA VARA - CAMPA DA BRAÑA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Cervantes (Lugo)
PUNTO DE PARTIDA: Desde a estrada que sobe de San Román, 600m antes de chegar á Degrada (1.225 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A – 6,saír á altura de Becerreá para coller a estrada LU – 722 cara á Navia de Suarna. Logo de pasar Liber, cóllese á dereita a LU – P – 0702 que vai a San Román e Campa da Braña.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: DISTANCIA: 15,5 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Cruce río da Vara (770 m)
COTA MÁXIMA: Intersección con a pista da Campa de Tres Bispos (1.400 m)
MAPA: I.G.N. – 125 – II
SINOPSE:
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza nunha curva á esquerda, 600 m antes de chegar á Degrada indo de San Román. A pista sae pola dereita subindo lixeiramente nos primeiros metros, pero enseguida comeza a baixar á estrada logo de 2 km de camiñada.
Cruzamos esta estrada para entrar no lugar de Cela e baixar, atravesando un souto cara ao río da Vara (770 m), punto máis baixo desta andaina. Agora toca subir ata entroncar con a pista asfaltada que vai a Deva pola que camiñamos uns metros para abandonala por un camiño que temos á esquerda que nos leva a Pando.
Cruzamos esta aldea para saír pola parte superior por un carreiro que nos vai levar a un cimbro que da paso á Serra do Pando. Axiña, este camiño, nos vai levar a un fermoso bosque de carballos, acivros e abeleiras, que iremos cruzando con pequenas subidas e baixadas ata cruzar o rego da Vara de novo, pero moito máis arriba, alcanzado así a pista que vai á Campa de Brego.
Nesta pista temos que coller á esquerda, pasando xunto á un antigo e abandonado aserradeiro que nos queda á nosa dereita. Cruzamos o rego do Barcal aparecendo outra antiga edificación, agora á esquerda e seguimos por esta pista onde un pouco máis arriba aparecen dúas columnas. De seguida chegamos á outra pista máis ampla, a que baixa da Campa dos Tres Bispos, onde collemos á esquerda.
Máis abaixo temos un desvío á dereita que sobe ao albergue de Campa da Braña, onde seguimos de fronte, todo en baixada, ata chegar á Campa da Braña.