12 03 18 Pico Canillín
VER PUNTO DE SAÍDA | VER TRAZADO DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Amieva (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Km 2,4 da estrada que sobe de Ceneya a Amieva (440 m)
ACCESO: Dende CangasdeOnís pola N - 625 que sobe ao Pontón. En Ceneya collemos á estrada que sobe a Amieva
HORARIO: 6/7 h DESNIVEL: 700 m de subida / 870 m de baixada
DISTANCIA: 14 km DIFICULTADE: Media TIPODERUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. – 55 – III
SINOPSE: En Ceneya, (Amieva), comeza o desfiladeiro de Los Beyos, un enorme e espectacular entallamento que chega ata Cobarcil, en Sajambre. O primeiro tramo, de Ceneya e Puente Vidosa sitúase entre os derrubes do pico Carriá e o pre Cornión onde se atopa o PicoCanillín. Asoman aldeas penduradas do abismo de forma inverisímil tendo en Puente Vidosa a espectacular fervenza de Agüasalió,
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta é a subida da xornada, onde temos que superar uns 700 metros de desnivel en 6 quilómetros, o que ven sendo unha subida preto do 12 % sen ningún descanso ata o cimbro de Ordés. Saímos da estrada para coller unha pista de terra que sobe cara ao Sur baixo a encosta do Canillín. Temos un ramal á dereita que leva a fermosa braña de Lleremundi, o cal rexeitamos para seguir subindo pola pista principal. O camiño, de pendente constante, fai numerosas revoltas, unhas cincuenta, nos primeiros tramos entre arborado ata que chegamos ao cimbro de Ordés (1.140 m).
Ante nós ábrese unha panorámica de postal onde resalta o pico Tiatordos, así como o Carriá, Peña Subes e un montón máis de cumes.
Dende este lugar seguimos cara ao Oeste, por terreo incómodo, de pedregais para chegar a cabana de Joniella (1.075 m) onde xiramos levemente á dereita para pasar polos Joyos del Canillín, enormes pedregais batuxados de arborada. Sen ningún sendeiro marcado. Camiñamos por espeso bosque escollendo os mellores pasos ata que se abre un claro dende o cal vemos o modesto cume do Canillín.
O Pico Canillín non sobresae pola súa altura, está máis baixo que o cimbro de Ordés, pero as impresionantes vistas sobre os Beyos que nos amosa, son impagables.
De volta pasamos, de novo, preto da cabana de Joniella, dirixíndonos dende este lugar cara ao sur. Este tramo de camiño realízase polo medio dun frondoso faial onde non existen camiños pero, non prantexa ningún problema para avanzar polo medio deste fermoso bosque. É posible, neste lugar, atoparse con algún Trasgu, máis non debemos preocuparnos porque son inofensivos.
Baenu é unha planicie colgada sobre os Beyos, mesturada de verdes praderías e extensos bosques, con cabanas espalladas polo entorno, algunhas delas en bastante mal estado de conservación. A paz existe en Baenu, só a interrompe o son do vento.
No remate das brañas, xunto a un pequeno regato, atopamos a fonte de Prau Ríu, preto dunhas cabanas entre arborada. Faldreamos cara ao Oeste ata achegarnos as cadras máis lonxanas è, dende a última xiramos á esquerda, cara a muralla, para asomarnos ao enorme precipicio onde parte a Senda de la Cruz, usada por pastores e rabaños.
Tomamos precaucións, si o camiño está mollado, na baixada ata a braña Redonda, seguindo ata o leito do río, que cruzamos por unha pequena ponte de formigón, onde temos unha femosa fervenza. Superado este paso, o camiño avanza ata un curioso cimbro entre rochas, para despois baixar entre o bosque á estrada onde collemos o asfalto, para camiñar por el, uns 800 m ata Puente Vidosa.