24 01 20 SERRA DO MONSACRO (MORCÍN) ASTURIAS

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Morcín (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área Recreativa de Viapará (692 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 66, coller a saída 35 e logo seguir pola estrada N – 630 ata a AS – 231 con dirección a MorcínRiosa.

HORARIOS: 4 ou 5 horas DESNIVEIS: (Ruta fácil 436 m de subidas / 866 m de baixadas)

(Ruta media 580 m de subidas / 1.032 m de baixadas)          

DISTANCIAS: 10 ou 12, 5 km

DIFICULTADES: Baixa ou Media                       TIPO DE RUTAS: Travesías

COTA MÍNIMA: Llugar de Baxo (240 m)   

COTA MÁXIMA: Horcada La Muezca (962 m) Pico Romiru (1.052 m)

MAPA: I.G.N. – 52 – II

SINOPSE: A ermida de Santiago ou de arriba é un templo relixioso baixo a advocación de Santiago Apóstolo no concello de Morcín, preto do pico Monsacro ou Romiru. Esta ermida ten maior relevancia e peculiaridade ca súa veciña a ermida de La Magdalena.

            A nave da capela é octogonal, abovedada e de ábside semicircular. A fachada está resaltada sendo de arco de medio punto. Tamén crese que estivo pintada. Cando se restaurou aproveitouse para realizar unhas escavacións. No interior atopamos o pozo de Santo Toribio, a cova do Ermitaño e un altar románico primitivo. A capela é de pedra e o solo interior de rocha da capela crese que é da propia montaña. 

 

DESCRICIÓN DAS RUTAS: Saímos os dous grupos do cruce de pistas que hai á entrada do albergue Mirador del Angliru. A pista que sae pola dereita de formigón lévanos ata El Sabuñal, lugar onde se divide en dúas (760 m). Seguimos pola esquerda logo de pasar unha cancela baixando lixeiramente cara a Covarriella.

            Na parte baixa remata o formigón, subindo agora por pista de grava que logo dunha pechada curva á dereita, remata na parte alta da cabana de Covariella. A partir de aquí pasa a ser un camiño que vai pola parte superior dos prados ata unha curva pechada á esquerda na que saímos deste camiño para seguir o carreiro de menos entidade que sae pola dereita.

           O carreiro evidente, vaise achegando as rochas facendo varios zigzags ata empoleirarnos na Horcada La Muezca (962 m.); punto máis alto da ruta (1).

            Desde este lugar xa podemos ver a capela de Santiago e a poboación de Oviedo ao fondo pero non a capela da Madalena que aparecerá logo de camiñar uns metros.

            Mentres se segue de fronte cara á capela da Madalena, a xente da ruta (2) xira á esquerda seguindo as sinais marelas. Acadamos o primeiro cume de La Fayona (1.020 m) continuando o camiño para baixar a un pequeno cimbro desde o que subimos ao segundo cume do día, o Cuitu Romiru ou Monsacro (1.052 m).

            Desde aquí podemos baixar directamente á capela da Madalena ou seguir cara ao oeste ata o cume de Llanu Villar (1.057 m). Desde este cume bordeamos en dirección norte para baixar á capela de Santiago, lugar onde dará a volta o grupo (1).

            Desde a capela de Santiago sae unha pista en dirección sur deixando á dereita a capela da Madalena e á esquerda o pico La Granda que de paso, tamén podemos subir.

            Logo, o camiño para toda a xente baixa, con acusada pendente e case todo de formigón, por debaixo da liña de alta tensión ata Los Llanos onde entramos na parte superior da poboación. Chegamos a unha explanada con bancos e miradoiro onde collemos un estreito camiño, tamén de formigón, que  baixa á estrada asfaltada. Unha vez na estrada, seguimos á esquerda ata seguinte curva, logo de pasar o cartel de entrada a Los Llanos,  onde debemos abandonala collendo un camiño de terra, á esquerda, que nos vai levar pola parte superior de Otura pasando xunto á unha zona de escalada.

            O camiño segue ata un cimbro próximo onde hai unha antena que logo de pasala o camiño perde altura facendo varios zigzags para seguir ata o lugar de La Collá. Nas primeiras casas da poboación, xiramos á dereita collendo a pista asfaltada que baixa ata Les Maces onde remata o asfalto.

       Seguimos baixando agora por un carreiro que sae á pista asfaltada que sobe a La Collá. Baixamos uns metros por esta pista ata a curva que fai á esquerda. Neste lugar aparecen unha sinais á dereita, que é por onde collemos. Este carreiro baixa á estrada AS – 231 que vai a Morcín. Cruzamos á beira contraria para camiñar un quilómetro pola beirarrúa ata o Llugar de Baxo onde se sitúan o polideportivo e o colexio público de La Foz.