23 08 18 PUENTE VAGUARDO - TOLIVIA - PEÑA SUBES - SEN DE LO MULOS

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Estrada N – 625, km 127,8

ACCESO: Pola estrada N – 625 que vai de Cangas de Onís a Riaño, km 124

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL:  1.350 m                     DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular

COTA MÍNIMA: Puente Vaguardo (420 m)        COTA MÁXIMA: Sen de los Mulos (1.500 m)

MAPAS: I.G.N. - 55 – III – 80 - I

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Este itinerario comeza pouco despois de pasar a ponte Angoyu, límite de provincias de AsturiasLeón, concretamente no punto km 127,800 do desfiladeiro de Los Beyos, no lugar coñecido como Rampla Tolivia.

            Aquí sae a man dereita un camiño que baixa cara ao río Sella, que temos que cruzar a través da ponte Vaguardo (430 m). Nada máis pasar esta ponte observamos un sendeiro que a través da Cuerria de Quixiendi nos leva cara a ponte Espina que cruza o río Mojizo sobre un impresionante canón de máis de 80 m de altura.

            Pouco despois de cruzar a ponte sobre o río Mojizo accedemos ao Colladín de Espina, dende onde podemos observar a impoñente verticalidade da cara sur do pico La Plana e os seus Cuatro Picos.

            A partir de aquí o sendeiro continúa empinándose camiño do Forcau Tolivia, que da vista a aldea, pola vertente meridional da Peña Ñorín, fronte a portentosa mole do Niajo e a súa accidentada e vertical Canal de Rumiadas. Este fermosísimo sendeiro denota, ademais, a ambición humana e a natural necesidade de comunicarse que tiñan as xentes destes lugares.

            Á chegada a Tolivia (700 m), o tempo detense e aparece a aldea, abandonada e rodeiada pola vexetación, co seu fermoso barrio de Copeña mimetizado baixo o Monte les Cruces e a súa cristería.

            Segundo chegamos a Tolivia, temos o val de Torbenu que se abre a nosa dereita, un val que sobe entre o Monte les Cruces polo oeste e a cristería de Peña Ñorín polo este, para desembocar enriba nunha zona de prados e cadras que nos conducen a mencionada campeira de Collada Torbenu (1.132 m), cimbro que nos ofrece unha estupenda vista da zona setentrional do desfiladeiro de Los Beyos, así como da aldea de Casielles, asentada baixo as estribazóns de Peña Salón.

            Dende Collada Torbenu temos que dirixirnos cara a esquerda, oeste, en busca da Cuesta e Collada Ceñal (1.303 m), para ir ascendendo xa a Peña Subes (1.480 m) en pouco máis de 40 minutos.

            De grandiosidade, podemos considerar este cume, aínda que, de modesta altura, domina boa parte do Bosque de Peloño e as terras de Sajambre, Amieva e Ponga, ademais do Macizo Occidental de Picos de Europa.

            En dirección sur arranca o carreiro que temos que seguir por toda a crista que une este cume con Sen de los Mulos. Con tramos onde temos que ter precaución, o carreiro será un continuo balcón a ambos lados da montaña. Con continuas subidas e baixadas, camiñamos sen dificultade de orientación pois non temos máis que seguir a liña cimeira pero con pasos onde temos que poñer atención.

            Logo, acadado o cume de Sen de los Mulos, comeza unha longa baixada. O primeiro tramo é a través dun prado encaixado entre rochas ata que chegamos a un paso, na parte inferior do prado que da paso a un carreiro que se introduce no bosque.

            Neste punto, o carreiro cambia de dirección sur a seguir con tendencia nordeste. O carreiro, agora polo medio do faial, pasa polo Collado Llampaza (1.160 m) primeiro e logo polo Collado Cociyón (855 m) onde comeza a baixada a Tolivia. Á entrada desta aldea temos unha fonte onde podemos reencher de auga. Cruzamos este lugar ata chegar á parte oposta da aldea onde entroncamos con o camiño polo que subimos antes.