23 12 16 VILLANUEVA - LES XANES - PEDROVEYA

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Santo Adriano e Quirós (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Buyera (165 m)

ACCESO: Dende a autoestrada OviedoLa Espina, desviarse cara a Trubia e alí coller a AS – 228

HORARIO: 3 h                              DESNIVEL:  385 m                        DISTANCIA: 6 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Área recreativa de Buyera (165 m)             

COTA MÁXIMA: Pedroveya (550)

MAPA: I.G.N. 52 – II

SINOPSE: Los Valles del Oso é una zona do centro de Asturias conformada polos concellos de Proaza, Quirós, Santo Adriando e Teverga que entre os seus vales, ríos e montañas cobiza unha das últimas poboacións de oso pardo de España.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina na área recreativa de Buyera para coller a Senda do Oso en sentido norte. Logo duns oitocentos metros, a camiño cruza a estrada por paso elevado para entrar no núcleo de Villanueva, lugar que cruzamos é ao remate desta poboación, temos que deixar a Senda do Oso para saír á estrada e camiñar por ela uns metros.

            Deixamos a estrada collendo á dereita a pista que sobe a Tenebreo. Pasamos xunto á área recreativa do Molín de Les Xanes e comezamos a subida por esta pista asfaltada. Logo duns cincocentos metros dende o cruce, aparece un indicador do desfiladeiro de  Les XanesPedroveya.

            O carreiro comeza ganando altura rapidamente, pasando xunto a un pequeno muro de contención de madeira que protexe o camiño e a estrada de caída de pedras.

            Temos fermosas vistas de Villanueva, capital do concello de Santo Adriano, antes de que o camiño xire á esquerda e comece a internarse no desfiladeiro por un estreito paso entre rochas. Axiña atravesamos un pequeno túnel que da entrada ao primeiro tramo do canón. No fondo, moi por debaixo soa o río que, as veces, vemos entre a vexetación.

            Continuamos a subida e, antes de volver a xirar á esquerda, pasamos un pequeno tramo cunha pasarela de madeira con branceira. É bo sitio para ver de novo, e por última vez, a poboación de Villanueva no fondo do val.

            Na maioría dos tramos labrados na rocha existe unha corda para asegurar os pasos aínda que, estes non son difíciles, podendo tamén ver as marcas das ferramentas coas que se labrou este camiño.

            Mentres subimos, podemos fixarnos nas dúas ladeiras os afloramentos de pedras, pregues, e fallas que fan deste lugar un sitio de grande interese xeolóxico.

            O camiño serpea pola ladeira, pasando por zonas máis pechadas de vexetación e volvendo a asomarse á beira do precipicio. Hai tramos en que o camiño vai tallado nun medio túnel, tendo por riba un teito de rochas, cunha impresionante vista panorámica á nosa dereita.

            Seguimos subindo chegando así á parte máis pechada do desfiladeiro, ata que atravesamos outro túnel entrando un pouco despois no bosque. Si choveu recentemente podemos atopar zonas con bastante barro. As faias, castiñeiros, álamos e fentos aparecen por todas partes mentres o rego de Les Xanes, agora podemos velo preto do camiño, saltando de poza en poza facendo pequenas e fermosas fervenzas.

            O camiño pasa xunto á entrada dunha mina de ferro abandonada e pouco despois cruzamos o rego por unha ponte de madeira. Axiña aparecen os restos dun vello muíño e un cruce de camiños onde xiramos á dereita para comezar a subida por chanzos de terra apuntalados con madeira.

            No remate da subida chegamos a unha pista de formigón na que debemos xirar á esquerda porque a de enfronte sobe á aldea de La Rebollada. Baixamos ata cruzar o leito do rego de La Boya por unha ponte e comezamos a subir de novo para chegar a igrexa de San Antonio, xunto a cal temos un teixo centenario.

            Desde esta igrexa, por pista asfaltada, solo nos quedan cincocentos metros para chegar a Pedroveya.