23 08 26 RUTA DOS CARBALLOS CENTENARIOS E FONTE DO ZADORRA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: San Millán / Donemiliaga (Araba)
PUNTO DE PARTIDA: Munain (620 m)
ACCESO: Desde a autoestrada A-1 coller a saída 379 en dirección A – 2128 Agurain/Opakua. Logo coller a A -3138 en dirección a Egino e un pouco máis adiante temos o indicador a Munain, 1km.
HORARIO: 4 horas DESNIVEL: 380 ou 450 m DISTANCIAS: 10,5 ou 12,6 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular
COTA MÍNIMA: Munain (620 m) COTA MÁXIMA: La Punta (1.047 m)
MAPAS: I.G.N. – 113 – I – 139 – II
SINOPSE: O Bosque dos Carballos Centenarios de Munain e Okariz representa unha das portas de entrada da Zona de Especial Conservación de Entzia, aos pés da serra. É un espazo de gran valor ambiental, integrado na Rede Natura 2000 europea, morada dun bosque de árbores extraordinarios, onde nace o río Zadorra. Está poboado por 508 árbores de máis de 5 séculos de antigüidade, superando, algúns deles os 1.500 anos.
Debaixo da sombra destas árbores habita un sen fin de especies de flora e fauna, entre os que destacan dous escarabellos catalogados como especies prioritarias na Directiva Habitats; Lucanus cervus e Rosalía alpina.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada xunto á igrexa de Munain en dirección á serra de Entzia pasando xunto á unha fonte para chegar ao panel informativo da ruta.
Collemos o camiño que sobe cara ao sur leste, deixando o que se desvía á dereita en dirección a Okariz. O camiño sobe por una zona de bouza onde pacen as vacas antes de chegar ao bosque. O camiño está perfectamente sinalizado, chegando a un desvío de ida e volta para visitar un carballo centenario xunto a unha campeira.
O camiño segue polo medio da carballeira acadando o punto onde hai un indicador do nacemento do Zadorra case seco no verán.
Neste lugar temos dúas opcións:
A primeira opción, máis curta, consiste en volver ata o cruce anterior para seguir baixando pola reserva forestal de Arimotxis, máis preto da localidade de Okariz por onde camiñaremos ata o indicador que cara á dereita nos manda a Munain.
A segunda opción consiste en seguir subindo desde o nacemento do río pasando xunta á unha cova e cruzando, máis tarde por unha porta de arames. Acadamos o cimbro polo que camiñamos en dirección a La Punta (1.047 m) con vertixe xeodésico. Máis adiante temos outro outeiro onde hai un buzón en forma de foguete. Aos poucos metros xiramos á dereita comezando a baixada tendo que cruzar de novo os arames por un paso elevado. Chegamos a un miradoiro é máis tarde á estrada asfaltada pola que camiñamos seiscentos metros en dirección a Opakua. Collemos un camiño á dereita que de novo nos leva á estrada ata unha curva pronunciada á esquerda onde deixamos esta estrada para coller un camiño á dereita atravesando unha porta metálica.
Un pouco máis adiante, aparece pola dereita a pista da primeira opción. Neste punto temos que coller á esquerda para seguir baixando seguindo as marcas do roteiro. No camiño seguen aparecendo exemplares de vellos carballos. Chegamos a un cruce onde collemos á dereita seguindo acompañados por carballos de distintos portes ata outro cruce onde collemos de novo á dereita para, logo de cruzar por unha ponte de madeira, enlazar con o camiño de subida, pero esta vez, colleremos á esquerda para baixar ata o punto de saída.