22 04 17 ROTEIRO POR TERRAS DE CORTEGADA (OURENSE)

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE  FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Cortegada (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Na estrada OU – 801, no cruce que sae cara a Vilanova (Km 17,8) dirección a Ribadavia.

ACCESO: Desde Melgaço pola estrada N – 202 ata a fronteira e logo pola OU – 801

HORARIO: 3 / 4 horas                    DESNIVEL: 450 m                         DISTANCIA: 13 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: 70 m (Á beira do río)                 COTA MÁXIMA: 183 m (punto de saída)

MAPAS: I.G.N. -  224 – IV – 225 – III

SINOPSE: Cortegada, coñecida tamén como Cortegada de Baños polas súas augas termais, é un concello situado na provincia de Ourense situado xunto ao río Miño, nunha zona navegable por pequenas embarcacións debido a profundidade que ten o río ao atoparse embalsado entre as presas de Castrelo e Frieira.

            Cortegada tamén está dentro da comarca do Ribeiro, sendo unha vila termal que conta con dous balnearios. As augas cuxa temperatura chega aos 38º, son sulfurosas e ferruxinosas, recoñecéndoas con propiedades para o tratamento de distintas enfermidades.

            A Barca, aldea de gran valor etnográfico, foi no seu día un gran centro de comunicacións, por onde transcorría o "Camiño real a Castela", lugar onde cruzaban o Miño as barcas para transporte de persoas e mercadorías, de aí o nome da aldea.

            Con a construción do encoro de Frieira, nos anos 50, e o incremento do nivel da auga, ao anegarse os terreos, motivou a compra do pobo por Unión Fenosa, sumando a este feito a construción de pontes e cambios de vías, sendo o pobo abandonado máis tarde.        Esta aldea, con restos importantes de casas de pedra, fontes, pontes etc. atópase a día de hoxe en estado de abandono, habendo un total de doce edificacións case todas independentes entre si, da que se conservan as fachadas de pedra.

        

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada no cruce da estrada que vai a Vilanova camiñando por ela uns douscentos metros logo dos cales xiramos á esquerda para coller unha pista que abandonamos logo de camiñar por ela 600 m. para coller, nunha curva á esquerda, un camiño de menor entidade que segue de fronte.

            Atravesamos un rego onde hai unha pequena presa de regadío e un pequeno bosque para entrar xunto á fonte na aldea de Vilanova. Cruzamos o lugar pasando xunto á capela e outra fonte con lavadoiros abandonando a pista principal na saída do pobo para coller unha pista á esquerda que nos leva á beira do río Miño.

            Máis adiante, o camiño sobe apartándose do río atopando unha bifurcación na que seguimos pola esquerda así como tamén na seguinte volvendo cara ao río xunto ao miradoiro Coto da Pena.

            Camiñamos xunto ao río chegando de seguida ao balneario, agora en desuso, e unha fonte termal. O carreiro vai pola beira do río atravesando por varias pasarelas de madeira antes de chegar a unha área recreativa. O camiño segue pola beira do río atravesando unha carballeira e un pouco máis adiante, temos que subir uns chanzos que nos apartan momentaneamente do leito do río pero de seguida volvemos a baixar para seguir o carreiro que de novo vai xunto ao río.

            Pasamos por debaixo da ponte vella, primeiro, e logo por debaixo da ponte nova da estrada OU – 801, atopando un pouco despois unhas ruínas para, de seguida, xirar á esquerda collendo unha corredoira que nos leva á aldea abandonada de A Barca.

            Seguimos o carreiro que segue preto do río ata O Vao, outra aldea abandonada onde, un pouco máis adiante, xiramos á dereita para apartarnos definitivamente do río.

            O camiño sobe ata o lugar de Os Muíños, cruza a estrada OU – 801 e xa todo por asfalto chegamos a Cortegada.