21 06 19 DE MALPICA A NIÑÓNS

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE  FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Comarca de Bergantiños – Malpica e Ponteceso (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Porto de Malpica

ACCESO: Dende Ribadeo pola A – 8 ata Baamonde onde se colle a A – 6 ata Arteixo. Aquí collemos a AG – 55 ata Carballo onde a abandonamos, collendo a AC – 418 que nos leva ata Malpica

HORARIO: 6/7 horas                      DESNIVEL:  600 m de subidas / 600 m de baixadas 

DISTANCIA: 22 km             DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: 1 m (Porto de Malpica)            COTA MÁXIMA: 130 m (Alto da Nariga)

MAPAS: I.G.N. – 20 – 43 – II – 44 – I

SINOPSE: O Camiño dos Faros comeza polo máis pequeno, pero non por iso o menos importante. A primeira etapa comeza no porto de Malpica para chegar á praia de Niñóns logo de percorrer 22 quilómetros nun continuo sube e baixa.

            Pasaremos por seis praias con as súas correspondentes baías, as illas Sisargas con o seu faro e os grandes cantís de Punta Nariga.

DESCRICIÓN DA RUTA: A primeira etapa do Camiño dos Faros sae do faro do porto de Malpica e percorre todo este fermoso pobo mariñeiro. O porto, as súas rúas, o paseo marítimo e a praia de Area Maior para saír en dirección a San Adrián.

            Antes de chegar á ermida pasamos a praia de Seaia e Fonte dos Romeiros, onde podemos coller auga.

            Desde San Adrián temos unha ampla vista panorámica de todo Malpica e as IIlas Sisargas que podemos ver durante a camiñada por carreiros de pescadores que nos levan ata Beo, cruzando os primeiros cantís deste Camiño dos Faros e o regato Laguixón.

            En Beo, fronte á praia, podemos facer unha parada na área recreativa para despois seguir a camiñada polas aforas do lugar. Pasamos xunto á fonte de Beo e máis adiante o pequeno porto de A Tella o castro de Entretorres chegando á praia de Seiruga. Atravesamos dita praia para seguir preto dos cantís pola Punta Cherpa e atravesando tamén a praia de Barizo. Seguimos en dirección ao porto para comezar un duro tramo de subida que nos levará ata o Alto da Nariga, punto máis alto do percorrido, d ao faro de Punta Nariga onde podemos ver formacións rochosas das máis variadas formas.

            Este é o primeiro gran faro que visitamos na nosa andaina e aquí é onde nos damos conta do nome da ruta. Desde esta posición podemos ver parte do percorrido que levamos feito e o que nos queda por facer.

            Camiñamos pola Punta do Rubio nun tramo algo complicado ata a enseada do Lago quedando moi preto xa o remate da ruta, na praia de Niñóns.