20 05 16 GARGANTA DO RÍO RUBÓ (Adiada pola pandemia)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Peñamellera Alta (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Puente La Vidre (104 m)

ACCESO: Trescares está situado no km 41 da estrada AS – 114 (Cangas de Onís – Panes)                                

HORARIO: 5/6 h                             DESNIVEL: 700 m              DISTANCIA: 12 km                        

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular  MAPA: I.G.N. – 56 – I

SINOPSE: O río Rubó nace nos contrafortes setentrionais do Macizo Oriental de Picos de Europa, nas proximidades dos cumes máis altos de Sierra Nedrina. A canle inferior do río Rubó, encaixase entre paredes calías formando unha fermosa garganta, comparables a do Cares, Sella ou Deva pero con menos dimensións. O itinerario proposto pasa polo máis fondo da garganta, pero sempre por terreo seco, sen baixar a canle do río en ningún momento.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Cruzamos o río Cares pola ponte La Vidre, de orixe romana, xirando á esquerda para dirixirnos cara ao Este por un camiño enconchado que nos introduce no monte Garrinoso. Deixamos un desvío que sae á esquerda, seguindo entre castiñeiros ata unha zona de prados, sitio en que se abre o bosque podendo ver Trescares. O camiño encónchase de novo bordeando pola esquerda un prado cercado por un muro de pedra con unha caseta no seu entorno.

            A altura de Sobremolino, xiramos á dereita para camiñar cara ao Sur, baixando en dirección ao barranco e atravesando o bosque de aciñeiras. Seguimos o camiño traballado, paralelos a canle do río Rubó, pola súa marxe esquerda, mentres vemos cara ao Leste a baixada da Canal de Vallota cara ao río.

            Segundo avanzamos, o río encáixase cada vez máis. O camiño vai agora pegado a parede da nosa dereita, na que se instalou unha cadea suxeita a rocha para agarrarse sobre unha rampla moi empinada de formigón. Un pouco máis adiante, pasamos pola fonte Recuencu, preto dela podemos ver os rexistros da traída de auga.

            Nos 180 m de altura, o camiño condúcenos sobre o pontigo Rubó a marxe dereita do río. Despois de cruzalo, o camiño empínase e sobe serpexando por ese lado, Un paso particularmente empinado, asegurado por unha corda que nos permite progresar sen dificultade.

            Se seguimos moi preto do río, ao chegar aos 250 m de altura, atoparemos unha caseta da traída de auga, na mesma canle do río, sen embargo, é preferible gañar altura cara á esquerda, antes de chegar a esta caseta, e estar atentos para non perder o camiño, bastante desfeito polo pedreiro, que sobe bastante costo ganando altura rapidamente. Un tramo máis sinxelo e marcado, por terreo herboso condúcenos a Cueva Negra ( 345 m).

            A altura de Cueva Negra, xiramos á dereita (SO) para cruzar a canle do río (365 m) e continuar paralelos a el polos Cuajucos, unha pendente moi empinada pola que subimos facendo zigzags, sempre baixo o Travieso Los Virdos. Pouco despois, atopamos unha bifurcación preto de dúas grandes faias (435 m). Collemos o camiño que sobe cara ao Oeste pasando xunto a faia máis alta situada a carón dunha cova. Subimos cara aso murallóns rochosos do Travieso Los Virdos, alternando zonas herbosas con outras cubertas de pedras, entre as que o camiño se esconde por tramos. Diriximos os pasos ao Oeste, escoltados á dereita polos farallóns que baixan da Buitrera de Trasiello, para coller a Canal de Sobrevina, pola que transcorre o camiño parcialmente perdido entre pedreiros e fentos.

            Algo máis arriba, chegamos a cabana de Sobrevina, que ten un bebedeiro preto (680 m), e seguimos por bo camiño ata o Collado Trespandiu (789 m). Neste tramo puidemos contemplar cara ao Norte a canle encaixada do Rubó ata Trescares, mentres que cara ao Sur vemos a parede norte do Cueto Carraspión.

            Saímos do cimbro de Trespandiu subindo en dirección Este por unha ampla pista. A uns 800 m da altura, preto do Cueto Trespandiu, abandonamos a pista indo cara a dereita. Un fito marca esta saída. Baixamos por rochedo invadido de fentos, que van desaparecendo deixando paso as uces a medida que baixamos  cara ao Norte, ata Llueva (730 m), un fantástico miradoiro do val de Trescares. Neste punto, debemos xirar á esquerda para ir cara ao Oeste un bo tramo, por riba das paredes intransitables  do Vurdio Susuga, ata a fonte de Las Retuertas (515 m), onde debemos xirar para baixar en dirección Nordeste  por unha espesa aciñeira, na que o camiño está armando en algúns tramos. Axiña chegamos ao Jorcao (376 m), un paso entre dúas rochas que leva a unha pendente que baixamos facendo numerosas revoltas por terreo despexado ata que chegamos ao monte Garrinoso, un bosque de avelaneiras e castiñeiros, no que debemos xirar á esquerda (225 m) para tomar dirección Noroeste, que nos conduce directamente a ponte La Vidre.