20 03 21 De Sisterna a Cerredo (Adiada pola pandemia)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Degaña (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Sisterna  (800 m)

ACCESO: Desde Ribadeo pola A – 8 ata Canero onde se colle a N – 634 ata a Espina. Alí collemos a AS – 216 cara Tineo e Cangas del Narcea. Desde aquí pola AS – 15 ata Sisterna.

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL: 772 m de subidas / 734 m de baixadas     

DISTANCIA: 18, 5 km         DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Comezo da subida de Rebollar a Degaña (790 m)                                 

COTA MÁXIMA: La Cochadina (1.197 m)

MAPAS: I.G.N. – 100 – II – 101 – I

SINOPSE: Entre carballos e castiñeiros centenarios ábrese paso un camiño que comunica Sisterna con Cerredo, dous pobos do sur occidente asturiano onde os seus habitantes comparten este camiño cunha especie tan emblemática como é o oso, que habita esta zona. Só a calidade e espectacularidade do bosque a zona preto de Cerredo e os vellos castiñeiros de Degaña ou Sisterna ben merecen esta visita. Os liquens amósannos a pureza do aire destes bosques que agochan outros secretos como a “fábrica da luz”. Tamén, na parte máis próxima a Sisterna, hai carteis dalgunhas obras mineiras da época romana que explotaban as abas en busca de ouro.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: No chamado val Cunqueiro aséntase o pobo de Sisterna, terra de “tixileiros”, artesáns que traballaban facendo vaixelas de madeira.

            Os primeiros metros desta ruta van pola estrada AS – 212, polo que temos que ter precaución con o tránsito rodado. Logo de oitocentos metros abandonamos a estrada pola marxe dereita collendo un camiño que nos leva a Tablao.

            Saímos de Sisterna por unha pista  asfaltada que nos leva de novo a estrada AS – 212 uns metros máis adiante, a que cruzamos para entrar nun camiño que primeiro vai en baixada para coller á esquerda unha pista moi descomposta que sobe á cimeira de La Cochadina (1.197 m), punto máis alto do percorrido,seguindo a traza da Senda Moura. Desde aquí xa podemos ver Cerredo.        

            Pasado este outeiro, o camiño intérnase entre o mato de breixos e escobas, que atrancan  o noso andar e cuxo trazo non só cambia de vertente senón que de novo nos leva á estrada que cruzamos anteriormente.

            Cruzamos a estrada AS – 212 e camiñamos por un carreiro cara á Rebollar cruzando a estrada por terceira vez. Pasamos o lugar en dirección á área recreativa, un espeso bosque de carballos e castiñeiros tapan o camiño cara a Degaña.

            Collemos algo de altura, deixando os desvíos de Braña Barrocos e o  de Valdeprado, os dous á dereita, continuando un sobe e baixa cruzando o río Ibias para chegar a Cerredo (1.020 m) onde remata esta fermosa travesía.