19 04 19 Desfiladeiro do río Purón

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Valle de Tobalina (Burgos) Valdegovía/Gaubea (Araba)

PUNTO DE PARTIDA: Herrán (Valle de Tobalina) (570 m)

ACCESO: Herrán está a 5,5 km de Quintana Martín Galíndez pola estrada BU – 532

HORARIO: 3 horas             DESNIVEL: 500 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa / Media                 TIPO DE RUTA: Ida e volta / circular

COTA MÍNIMA: Herrán (570 m)               COTA MÁXIMA: Pico Santa Ana (1.045 m)

MAPAS: I.G.N. – 110 – IV – 136 – II

SINOPSE: Unha antiga calzada cruza o espectacular desfiladeiro do río Purón que comunica a aldea de Herrán do burgalés Valle de Tobalina con o despoboado Ribera de Valderejo en Araba.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Atravesamos Herrán (570 m) pola rúa principal saíndo polo lado norte xunto a un antigo muíño. Alí comeza o camiño, perfectamente sinalizado, que logo de deixar as últimas casas describe unha curva que nos mete xa no desfiladeiro do río Purón que nos queda á nosa dereita e a un nivel inferior ó camiño.

            Temos que pasar polo único paso que atravesa a serra, que é precisamente o escavado por río Purón. Chegamos a primeira garganta e no seu punto máis estreito temos unha ponte, e os restos da ermida de San Roque da que solo quedan as ruínas.

            Continuamos a andaina en busca do segundo desfiladeiro,deixando á nosa dereita o camiño de subida ao monte Santa Ana, lugar polo que volveremos. Xusto antes de chegar ao segundo estreitamento, deixamos á nosa esquerda unha fermosa fervenza. O camiño métese agora na garganta e o río fai pequenos saltos para salvar o desnivel.

            Atrás queda o desfiladeiro, vamos en busca da aldea abandonada de Ribera, situada nunha explanada, xa na provincia de Araba. Tras atravesar unha valla, camiñamos por amplas praderías e ao fondo delas, divisamos a aldea de Ribera.

            O lugar, deshabitado, mantén en pé a súa espléndida igrexa románica, famosa polas súas pinturas medievais.

            Deixamos o lugar baixando cara ao río, para coller un camiño que se dirixe cara ao leste, subindo suavemente por unha ampla bagoada entre prados.

            O camiño diríxese a Villafría de San Zadornil en Burgos, pero, despois de recorrer cincocentos metros, temos que desviarnos xunto ao regato de Ampo dirixíndonos cara as abas boscosas do monte Santa Ana, xa fronte a nós.

            Internámonos no piñeiral, seguindo os fitos, e vamos subindo suavemente ata unha portiña. Neste lugar, unha sinal indica a baixada ao desfiladeiro e o camiño de subida a Santa Ana, á nosa dereita. O cume sitúase a cincocentos metros deste lugar,  salvando un desnivel de corenta metros.

            Acometemos o camiño de subida, bastante ancho no comezo, pero que vai estreitándose converténdose nun carreiro que sobe con fortes repeitos ata o cume.

            As vistas sobre a serra e os vales son espléndidas desde este lugar. Cara ao sur vemos o Valle de Tobalina e os Montes Obarenes con o pico Humión e a cidade de Frías. Cara ao sur leste a Sierra de la Tesla, polo norte a aldea de Ribera e o Valle de Valdegovía.

            Baixamos de novo ata o cruce, para coller o camiño cara á dereita. A pista de baixada é ampla e ben acondicionada, facendo varios zigzags para suavizar a baixada, retomando no fondo do val o camiño cara a Herrán.