19 11 16 La Conyonada - Cueva El Deboyu

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Redes (Caso) Asturias

PUNTO DE PARTIDA: Casarío de Les Llanes (548 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 17 AvilésPorto de Tarna. Punto quilométrico 53,5.

HORARIO: 5/6 horas      DESNIVEL: 850 m de subida / 750 m de baixada        DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media                      TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Les Llanes (548 m)                      COTA MÁXIMA: La Conyonada (1.415 m)

MAPAS: I.G.N. – 54 – III – IV – 79 – I – II

SINOPSE: A Peña El Casar, coñecida polos badocos como La Conyonada, é un dominante bloque calío que se asoma ao val do Nalón pola súa vertixinosa aba setentrional. A tremenda orografía constitúe o derradeiro bastión do cordal de La Verde, longa cordilleira que se adentra no val de La Canalina, relevante lugar abicado no corazón do Parque Natural de Redes.

            Esta montaña emerxe no medio dunha densa masa forestal que a cobre case por completo no seu perímetro setentrional. Pola vertente meridional, as numerosas brañas e pradeiras xunto con o horizonte paisaxístico fan deste lugar un dos recunchos máis fermosos da natureza casina.

DESCRICIÓN DA RUTA: Les Llanes é un fermoso lugar integrado perfectamente nesta bravía paisaxe do alto Nalón. Neste lugar o río, logo de miles de anos, fixo un grande burato coñecido como a cova de El Deboyu, recentemente declarada Monumento Natural, percorrendo interiormente uns 115 metros.

            Fronte ao casarío de Les Llanes desemboca o río de  La Viciella, val que imos percorrer en toda a súa lonxitude, para o que comezamos collendo a pista de terra que arranca á dereita da estrada. Axiña atopamos un desvío que vai en dirección a unhas minas de carbón abandonadas. Deixando esta pista, vamos subindo val arriba, pasando ao pouco tempo á  marxe esquerda do regato, que non se ve ao baixar sumido entre grandes pedras.

            Máis adiante a pista desaparece logo de sobordar unha cancela metálica en dirección a unha finca privada. A ruta prosegue a partir de aquí pola angostura do val, seguindo o camiño orixinal que, empedrado todo el, mantén unha sostida  ascensión. Máis arriba, un carballo de gran porte situado ao pé do camiño sobresae no medio dunha paraxe cerrada por as paredes calías e salpuxado por un denso bosque autóctono. Esta é a Foz del Cebatón.

            Ao pouco tempo chegamos a unha fonte e un abrigo con teito, lugar chamado Prau Redondu. A fonte e o cobertizo sitúanse á esquerda do camiño, lugar apropiado para facer unha parada.

            Continuando a camiñada, subimos seguindo o marcado camiño sinalado con pintura vermella que serve de orientación. Estamos de cheo na foz, cambiando de marxe pasando á dereita do val no sentido da marcha, atravesando por unha rústica ponte de formigón. Neste tramo a frondosidade do bosque e tal, que  non temos case horizonte visual, pechado aínda máis polos esporóns rochosos do Crestón de Les Taxeres e a  Peña Blanca. A espesa vexetación baixa polos penedos aproveitando as gretas e repisas. Un pouco máis adiante, logo de pasar unha cerrume de madeira, o camiño convértese en pista de terra pola que temos un curto tramo en chan ata situarnos á entrada dunha ampla pradería onde se asenta a braña de La Viciella. Algunhas cabanas espállanse por este lugar, cercado polos derrubes do Porrón de Bustiellu, La Cerra e a Conyonada.

            De La Viciella saímos desde as primeiras cabanas cara á dereita, seguindo a pista de terra que sobe rapidamente seguindo amplas revoltas. Unha vez superadas estas revoltas chegamos ao cimbro de Les Fuexes (1070 m), braña e encrucillada de camiños onde remata a parte máis dura deste ascenso.

            En Les Fuexes cambiamos o rumbo cara ao oriente, seguindo o trazo da  pista que máis adiante faldrea o outeiro de La Cerra, lixeiramente escorados cara ao val de La Felguerina. Camiñamos pola campeira de La Cerra, pola pista agora difusa,  para seguir entre prados cerrados ata Braña, situada baixo o promontorio de La Gallera, na mesma base do pico El Cuervu. Existen exemplares de freixo e  un bebedeiro sen auga. Apartados lixeiramente do bebedeiro e seguindo unha canle de auga sitúase a fonte de La Friona, de augas moi frías, de aí o seu topónimo.

            Desde a Braña, onde chega o camiño antigo de La Felguerina, seguimos cara ao promontorio superior, onde retomamos a pista que con lixeira subida lévanos á Collaína de Belerda, onde se bifurcan sendas pistas en dirección a La Gallera e cara a Belerda.

            Quen queira subir á Conyonada ten que mudar o rumbo, agora cara ao norte, collendo un carreiro que sobe a lomba de Incós ata achegarnos aos contrafortes da pena. Son varios os carreiros que van por esta vertente e por calquera deles achegámonos aos contrafortes orientais onde se sitúa o cume principal da Conyonada ou El Casar.

            Volvemos polo mesmo camiño ata a Collaína de Belerda onde temos unha pista que, todo en baixada nos leva a Belerda e un pouco máis adiante a Soto de Caso.

           

Texto extraído de La Nueva España, descrición de Ángel Fernández Ortega