18 09 15 Cuernón de Peña Sagra
TRAZADO DA RUTA |
GALERÍA DE FOTOS |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Cabezón de Liébana (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Somaniezo (690 m)
ACCESO: En Potes coller a estrada a Piedrasluengas, pouco despois de Frama hai un desvío á esquerda para entrar no val de Aniezo, seguimos a estrada ata o seu remate en Somaniezo, uns 10 km desde Pontes.
HORARIO: 4 / 6 horas DESNIVEL: 650 / 1.370 DISTANCIA: 9 / 12 km
DIFICULTADE: Media / Alta TIPO DE RUTA: Circular / ida e volta
COTA MÍNIMA: Somaniezo (690 m)
COTA MÁXIMA: Ermida Ntra. Sra. de la Luz (1.340 m) El Cuernón (2.046m)
MAPAS: I.G.N. – 81 – II – 82 – I
SINOPSE: A serra de Peña Sagra érguese nos límites orientais de Liébana, un cordal desde o que se pode contemplar unha das vistas máis completas da rexión lebaniega. Dende o Cuernón podemos ver os catro vales principais de Liébana.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comeza a camiñada pasando a ponte e cruzando a aldea ata un cruce onde hai un cartel que indica á Ermita de Nuestra Señora de la Luz. A pista ancha e cómoda discorre polo fondo do val entre faias e carballos. Atopamos unha bifurcación onde seguimos pola dereita e un pouco máis arriba temos que pasar unha cancela, xa fora do bosque. O camiño comeza unha ampla revolta para subir a un pequeno outeiro que divide a parte alta do val, e onde se atopa unha cabana no lugar coñecido como La Helguera (1.058 m).
Desde este pequeno outeiro xa podemos ver perfectamente os Picos de Europa e Peña Prieta. A partir de aquí a lomba continua ata a ermida. O camiño ascende en zigzag pola esquerda da lomba é, ao final, tras cruzar un pequeno bosque de faias, aparece no mesmo fío da lomba unha cadra construída a carón dunha cabana en ruínas. Este lugar é El Helechero (1.270 m), un pouco máis arriba xa podemos ver a ermida (1.340 m).
Xunta a ermida temos unha ampla panorámica da rexión con os Picos de Europa ao fondo. O Cuernón atópase encima á dereita, que non podemos ver porque o tapa un pequeno cume situado antes del.
Por riba da ermida sae un camiño que vai horizontalmente á dereita cara a unha marcada lomba sobre a que se ve as ruínas dunha cabana. Seguimos este camiño durante uns metros para deixalo cando este comece a baixar cara ao bosque, entón subimos directamente a un refuxio que podemos ver máis arriba.
O refuxio dos Montañeros de Liébana está situado na Vega del Prado, que se estende por debaixo do Cuernón, vendo desde este lugar o Cuernón situado á dereita do cume que antes o tapaba.
Dirixímonos cara ao sur en busca deste pre cume para subir por el aproveitando un bo carreiro que o recorre. Esta lomba forma un amplo cimbro enfronte do refuxio é, ao outro lado da lomba baixando uns poucos metros temos a fonte de Las Seguidillas. No remate da lomba, pasamos unha canle que baixa pola dereita e situámonos fronte ao cume final, o cal ofrece algo de resistencia. O punto máis accesible atópase uns 50 m á dereita do cume, polo que temos que trepar por unha especie de canle e logo recorrer a crista ata o seu remate.
Baixamos polo mesmo camiño ata a ermida onde seguimos o itinerario común. Á esquerda vemos unha pista de trazo horizontal polas abas de Canto de la Trespeñuela, por esta pista é pola que temos que seguir ata traspasar a lomba logo da cal, a pista desaparece.
Así chegamos a El Sierro (1.300 m), un cimbro desde o que temos unha fermosa vista de ambas vertentes. Seguimos pola pista pasando a un novo val camiñando polo límite superior dun espeso bosque de faias e carballos e outras especies como acivros, e capudres.
Hai unha pista que baixa pola esquerda pero nos seguimos de fronte ata un cimbro no que hai unha pequena cabana. É El Dornaco onde o camiño volve a bifurcarse deixando o ramal que sobe cara á dereita e comezar a baixada polo da esquerda. O camiño ten algúns zigzags e logo unha travesía cara á dereita para alcanzar unha lomba que delimita o val polo noroeste. Seguimos pola mesma pista que vai polo fío da lomba ata un cimbro. Aquí temos outra bifurcación: a pista da dereita vai a Luriezo mentres que o ramal da esquerda, desaparece máis abaixo logo de dar servizo a unhas fincas. Baixamos pola última finca ata un punto onde se extingue seguindo logo campo a través.
Logo de saltar algúns lindeiros alcanzamos un camiño que baixa pola marxe dereita do val conducindo sen problemas a Somaniezo cuxos tellados comezamos a ver entre os álamos e freixos.