18 06 16 Pena Trevinca
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Serra Segundeira – Carballeda de Valdeorras (Ourense)
PUNTO DE PARTIDA: Base da Cabrita (1.710 m)
ACCESO: Ao porto de Fonte da Cova pódese chegar desde O Barco pola OU-122, pasando por A Medua e Casaio.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVÉIS: 850 m de subidas / os mesmos de baixadas
DISTANCIA: 17 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Circular / ida e volta
COTA MÍNIMA: Alto da Cabrita (1.710 m) COTA MÁXIMA: Pena Trevinca (2.134 m)
MAPAS: I.G.N. – 229 – I - III
SINOPSE: Pena Trevinca é a cota máis alta das serras Segundeira, Eixe e Cabrera. Tamén é o punto onde conflúen os tres cordais de cumes anchos con cristas rochosas de laxe que conforman unha paisaxe agreste.
Os vales que se abren entre estes cumes son os típicos de orixe glaciar en forma de cunca de largas proporcións.
En Pena Trevinca conflúen tamén as provincias de Zamora, León e Ourense.
DESCRICIÓN DA RUTA: Fronte ao hotel sae unha pista de terra transitable que en catro quilómetros nos achega ao Alto da Cabrita (1.710 m), trátase dun cimbro entre os outeiros de Valdeboi e A Escrita onde hai unha canteira e un cruce de pistas.
No comezo, o entorno está moi degradado polas canteiras, que de seguida cambiará facendo moito máis amena a camiñada. Para iso saímos pola pista que rodea Alto do Campo pola dereita, tendo unha forte subida que axiña se atenúa atravesando explanadas e terrapléns artificiais.
Ao pouco pasamos o Campo Berciano, un esporón da Escrita cambiando a paisaxe e levantándose de fronte o núcleo de Pena Trevinca. No cimbro sur da Escrita, cambiamos de vertente baixando cara ao regato de Lago da Braña un pouco máis adiante. Neste punto deixamos a pista para coller un carreiro en dirección sur que nos enfronta ao Picón quedando o Lago da Baña moi abaixo que non podemos ver desde a nosa posición.
Chegado a un cimbro (1.905 m) o carreiro cambia de vertente para rodear a cabeceira do rego de O Penedo, sobre a pequena Lagoa da Serpe, saíndo ao Portillo Portas. Agora o entorno é moito máis rechamante con afiadas cristas que baixan de Pena Surbia e Trevinca Norte.
Cambiamos a vertente oriental para acadar, logo dunha baixada, a Portiña de Morena Cavada, entrando no alto Tera e abríndose a paisaxe rodeada de suaves cristas. A partir de aquí, o carreiro esvaécese aparecendo algúns fitos moi espallados.
Dirixímonos cara ao Esporón Bachman onde máis tarde aparece de novo o carreiro, no recuncho que forman a Pena Bachman e Pena Negra.
A subida a Pena Trevinca faise evidente desde este punto, dominando desde o seu cume un sen fin de cumes redondeados sobre altos e amplos vales.
Polo norte temos a cordilleira Cantábrica desde Leitariegos as Ubiñas, os Montes Aquilianos e o Teleno, máis pretos poden verse perfectamente.
Agora baixamos polo cordal do norte para subir a Pena Negra, seguindo un leve sendeiro, chegando sen dificultade a primeira cota pero poñendo atención para acadar a segunda cota onde hai que usar as mans nalgún tramo. Na baixada desta segunda cota desaparece toda dificultade, cando a crista xira ao leste.
Neste punto despréndese o esporón de Pena Trevinca Norte, a que ben merece a pena achegarse camiñando por unha lomba ampla e herbosa para así contemplar Pena Surbia a un lado e o Regueiro do Castaño, baixo a serra do Eixe ao outro.
Seguimos a crista para acadar Peña Surbia, ancha e moi empinada. A baixada deste cume facémola pola ladeira nor oriental formada por prado moi costo con moita pedra solta tendo coidado de non tropezar. De volta ao Portillo Portas , volvemos a canteira polo mesmo camiño da ida.