17 07 25 Refuxio de Góriz - Monte Perdido - Cilindro

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Góriz (2.195 m)

ACCESO: Dende a Pradera de Ordesa (de 4 a 5 horas)

HORARIO: 7/8 horas          DESNIVEL:  1.500 m (dous cumes)      

DISTANCIA: 15 km          DIFICULTADE: Alta           TIPO DE RUTA: Ida e volta

COTA MÍNIMA: Ref. de Góriz (2.195 m)  COTA MÁXIMA: Monte Perdido (3.348 m)

MAPA: Valle de OrdesaMonte Perdido 1:25.000 de Alpina

SINOPSE: Precisaremos de crampóns e piolet na zona de La Escupidera se hai neve. O Cilindro ten unha trepada (II) pola cheminea da esquerda, tendo un seguro para rapelar pola cheminea da dereita.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Partimos do refuxio de Góriz cara ao nordeste, atravesando unha zona de rochas á dereita do barranco de Góriz por un claro camiño. Máis arriba chegaremos a un campo de grandes bloques cruzando un regato. Desde esta zona sae unha ruta que leva a Marboré pola Faja Roya, chamada así polo seu cor bermello.

            Atravesamos o campo de bloques cara ao Cilindro, seguindo os numerosos fitos que imos atopando, atravesamos varios neveiros facendo varios zigzags chegando así ao Lago Helado, situado entre o Cilindro e Monte Perdido.

            Dende o Lago Helado podemos ver perfectamente a subida a Monte Perdido. O sendeiro sobe polo lombo de  rochas que nos leva á coñecida Escupidera. Trátase dunha zona onde un esvarón pode levarnos a caer no bacío cando hai neve, máis sen ela, e unha pedreira empinada pero sen ningunha dificultade técnica.

            Unha vez que chegamos ao remate da pedreira, xiramos á dereita e subimos os últimos metros, a miúdo atravesando un neveiro para chegar ao vertixe xeodésico que existe no seu cume. Podemos ver polo norte o balcón de Pineta e os Astazou, polo noroeste o Cilindro, ao oeste o Taillón e o Vignemale, polo suroeste o Valle de Ordesa e cara ao sur o Pico Añisclo e o Canón de Añisclo.

            Cilindro de Marmorés (3.325 m)

            Logo de baixar de Monte Perdido ao Lago Helado, subimos por unha costa de pedras que vai ao pitón suroeste do Cilindro, tendo que atravesar algún neveiro. Desde o Pitón suroeste, e mirando cara ao Cilindro vemos dúas chemineas. A da esquerda con pasos de (II) existindo á esquerda desta cheminea un punto marcado con fitos, tamén con pasos de (II). A cheminea da dereita ten unha reunión para montar un rapel.

            Logo de pasar a cheminea, seguimos pola crista, trepando un pequeno muro e camiñando por un fácil lombo ata o seu cume.